Existiron, no pasado, sentenzas xudiciais que obrigaban aos delincuentes a expiar os seus pecados a través da peregrinación a Compostela. Hoxe tamén chegan á Catedral delincuentes, pero procedentes de cárceres, para os que o Camiño é terapia. Falan o historiador Jose Miguel Andrade e o Sacerdote-Director da Pastoral Penitenciaria de Mallorca, Jaume Alemany.