Case 800 internos están matriculados nos centros educativos das prisións galegas

Román Rodríguez destacou o "labor fundamental" no proceso de reconstrución das persoas que se atopan neste lugar e favorecer a súa reinserción na sociedade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2023 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

Case 800 internos do cinco centros penais de Galicia melloran a súa formación durante este curso nos Centros de Educación de Adultos promovidos pola Xunta que ofertan tanto ensinos básicos como Educación Secundaria e Bacharelato, co apoio de 53 docentes, segundo o Executivo autonómico.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou un destes centros na prisión de Teixeiro, na localidade de Curtis para coñecer o seu funcionamento, que conta con 220 matriculados nos diferentes cursos que se imparten.

Unha visita na que, acompañado do director do centro penal, José Ángel Vázquez, coñecwu as instalacións do pavillón educativo que agrupa varias clases, a biblioteca, unha aula de informática, outra de estudo e unha sala de usos múltiples, así como un espazo para aquelas persoas que seguen estudos na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Alí, o representante do departamento de educación aproveitou para felicitar ao equipo de profesores "pola súa dedicación e entrega". Neste sentido, destacou o "labor fundamental" no proceso de reconstrución das persoas que se atopan neste lugar e favorecer a súa reinserción na sociedade. "A educación é a ferramenta máis valiosa da nosa sociedade para abrir portas e para superar barreiras e, no caso das persoas privadas de liberdade, é fundamental", afirmou o conselleiro.

Segundo os datos achegados pola Xunta, son preto de 800 os alumnos matriculados neste curso nestes centros de educación, aínda que a Administración quere aclarar que son cifras que oscilan ao longo do curso, polo que o número de alumnado que estará matriculado nalgún momento ao longo de curso será maior, no curso 2021/22 pasaron polos centros 1074 persoas.

OUTRAS FORMACIÓNS

Algunhas prisións tamén ofrecen formación enfocada a outros ámbitos. Na área dos idiomas entréganse certificados por asistencia a cursos de castelán para inmigrantes, de galego, de inglés e de francés. Así mesmo, en Teixeiro tamén podes prepararche para probas libres que se celebran na Escola Oficial de Idiomas.

A Xunta asegura que actualmente hai matriculadas 56 persoas que recibirán unha certificación interna do centro na que conste que superaron a formación de forma satisfactoria. No caso da prisión da Lama, a maiores dos ensinos xa comentados tamén dispoñen dun ciclo formativo de grao medio de Carpintaría e moble, que conta con 10 alumnos matriculados para este curso.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta