O software como servizo é un modelo de distribución de software onde o soporte lóxico e os datos que manexa alóxanse de forma segura en servidores dunha compañía de tecnoloxía, aos que se accede vía Internet desde un cliente. A empresa provedora ocúpase do servizo de mantemento, da operación diaria e do soporte do software usado polo cliente.