Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Tamara González, investigadora da Universidade da Coruña (UDC) que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre as mulleres espontaneadas no pasado de Galicia, mulleres que proclamaban publicamente que ían ter un fillo fóra do matrimonio para non ser acusadas de aborto ou infanticidio se o neno tiña a mala sorte de falecer nunha época na que a morte nos primeiros 8 días de vida era moi habitual.