Anova reivindica a súa vea independentista no Día da Patria

"O goberno debe representar ao pobo, tamén ao que vota independentista", apunta o seu voceiro, Antón Sánchez.

Por Brais Nogueira | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

Anova, formación que forma parte dunha coalición con forzas estatais como Izquierda Unida e Unidas Podemos, reivindicou este mércores a súa vea independentista. Foi na celebración do 25 de xullo cun acto político onde interviu o seu voceiro Antón Sánchez e posteriormente unha comida para os seus militantes e simpatizantes.

Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega no acto de ANOVA do 25 de Xullo
Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega no acto de ANOVA do 25 de Xullo

Nun ambiente festivo, mocidade xuntouse con figuras contrastadas da política galega como o ex alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, sentado ao carón de Xosé Manuel Beiras, e o deputado do grupo parlamentario de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello. Máis dunha centena de persoas reuníronse nunha gran carpa no parque de Galeras de Santiago de Compostela e desafiaron a choiva coa que amenceu Santiago de Compostela neste Día da Patria.

Sánchez comezou a súa intervención cunha chanza respecto ao tempo “con Martiño nunca choveu o día da Patria, soamente con Bugallo” para inmediatamente continuar cun ton reivindicativo que mantería ao longo de todo o seu discurso: “tampouco se prostrou ninguén antes ante a autoridade eclesiástica”.

Clamou contra as voces que din que a crise xa pasou porque considera que os que defenden esa postura é “porque é mellor para os seus negocios”. Neste senso defende que nada cambiou e “non existe unha pretendida normalidade porque os mozos non teñen facilidade para acceder a unha vivenda, seguimos gobernados por grandes poderes e Galicia non ten autogoberno”. Ademais, explicou que o responsable desta situación non é un goberno, senón un réxime “polo que non é suficiente con gañar nas urnas”

FEIJÓO, "O AMIGO DE ABASCAL"

Para o voceiro de ANOVA “xa é hora de sacar a Feijóo da Xunta tras un decenio negro no seu goberno”, sinalou ao presidente da Xunta como “amigo de Abascal” pola manifestación de Colón que “lle perseguirá por sempre”. Ademais, describiuno como unha persoa que faría o que sexa por poder, “ata darlle o goberno de Ourense a Jácome”.

O voceiro de ANOVA, Antón Sánchez, durante a celebración do 25 de xullo
O voceiro de ANOVA, Antón Sánchez, durante a celebración do 25 de xullo | Fonte: B.N.

Ademais denunciou a desmantelación dos servizos públicos. Mostrou apoio aos traballadores do sector sanitario “que seguen garantindo un sistema sanitario de calidade a costa dos seus lombos”. Deste xeito falou dos pediatras, dos traballadores de atención primaria, dos celadores… e reivindicou que se non hai suficientes médicos en Galicia é “porque todos se foron por culpa dos contratos lixo que lles ofrecían”. Tamén cargou contra a TVG e defendeu a loita dos seus traballadores “por deixar de ser propaganda do Partido Popular”.

AUTOGOBERNO

Parafraseando a Beiras, Sánchez reclamou que “ten que rematar co espolio de Galicia”. Para el, O Estado lle rouba a Galicia os seus recursos “dende tempos franquistas”. Neste senso esixiu a Pedro Sánchez “que cumpra coa súa palabra de sacar a Ence da ría de Pontevedra porque Galicia non está en venta”.

Para el, Feijóo non representa “unha falta de vontade do goberno de avanzar” senón “unha falta de vontade ser un goberno galego e non unha delegación”. Sinalou que durante o seu mandato Galicia non tivo ningún tipo de transferencia que avanzara cara un autogoberno pero non porque o Estado llo denegara senón “porque Feijóo non as pediu”. Sánchez sinala que cómpre rematar co goberno actual da Xunta para avanzar: “O pobo galego debe ter unha maior capacidade para decidilo todo e tamén como debe organizarse”.

DERRUBAR O RÉXIME DO 78

Respecto ao modo de organizarse como partido , considera que é fundamental “poñer por diante os intereses da xente ás das organizacións porque soamente así seremos quen de transformar”. Tamén sinalou que se se repiten eleccións “sería patente que no Estado Español hai un déficit democrático evidente” e en todo caso, o goberno que se conforme deber ser progresista e plural. A este respecto lembrou que debe ser representativo do pobo, “tamén do que vota independentista”.

A intervención de Antón Sánchez rematou cun Viva Galicia ceibe e Viva a República Galega! Que foi precedido dunha chamada a derrubar o réxime do 78. Posteriormente cantouse o himno galego mentres a meirande parte dos presentes erguían o puño. Sánchez baixou o atril entre berros de independencia e aplausos das persoas que se achegaron ao acto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Calvo sen pucha

Vaia nivelón de pratos, ao nivel dos notables que xa non teñen xente detrás.

3 Xesús Ateo Recalcitrante

ANOVA: Verniz do noroeste que impregna e disimula o centralismo de Esquerda Unida e de Podemos e que cando estes cantan aquela dalle palmas para que non se noten os fallos.

1 Multinick

BNG: Verniz do noroeste que impregna e disimula o centralismo do PSdeG e de La Vox de Galicia e que cando estes cantan aquela dalle palmas para que non se noten os fallos.

2 Amoxegador

Caralho, louça fina e cristal de bohémia

1 Mr. Flanders

Espero que la crítica se me entienda (dentro del respeto) pero por qué no cambian de nombre y se autodenominan "ANUEVA"? pega más con su perfil mesetario, girado hacia la cordillera ibérica, a medio camino entre Guadalajara y Zaragoza (parada obligatoria Soria o Palencia) y con raíces en Olmedo, Toro o Tordesillas. Ahí una izquierdilla nacionalistilla en contraposición a la vorágine de Vox o Ciutadans, seguro que sería bien entendida.