Sanitarios galegos denuncian a "falta de camas" nos centros hospitalarios de Pontevedra

O sindicato dos Profesionais de Sanidade Pública Galega (Prosagap) aseverou que este verán se están presentado "graves problemas" de cobertura en todos os centros de saúde e PACs

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2019 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O sindicato dos Profesionais de Sanidade Pública Galega (Prosagap) denunciou este domingo a situación que vive a sanidade pública pontevedresa, debido á "falta de camas" e á "aglomeración de pacientes" nos corredores de Urxencias este venres. A forza sindical mostrou o seu "malestar e enfado" nun comunicado de prensa no que criticou "o colapso do servizo" e o "embotellamento" producido no corredor pola cantidade de xente á "espera dunha cama libre".

Neste sentido, Prosagap aseverou que este verán se están presentado "graves problemas" de cobertura en todos os centros de saúde e Puntos de Atención Continuada (PAC) da provincia pontevedresa e achacou esta situación á "mala programación e contratación" na que se atopan os hospitais e sanitarios.

Por outra banda, a agrupación pide ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, que explique "por que non abre as camas pechadas" e "por que non permite contratos de longa duración", á vez que reivindica "dalo todo a cambio de nada".

Protesta do persoal de Urxencias do CHUS
Protesta do persoal de Urxencias do CHUS | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta