Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 10:25
Os servizos de emerxencia da localidade coruñesa de Coristanco rescataron a pasada noite da súa vivenda a un home que levaba varias horas tirado no chan da súa vivenda situada no lugar de Cereixa na parroquia de Erbecedo.
Así o relataron técnicos sanitarios cando, sobre as 21,00 horas deste mércores, chamaron ao 112 Galicia para informar dunha persoa que se caeu nun domicilio e con dificultades de acceso.
De inmediato, os xestores de emerxencias do CIAE 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Bergantiños e dos axentes da Garda Civil. Ademais, foi requirida tamén a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tras finalizar a súa intervención, os membros de Protección Civil indicaron ao 112 Galicia que foi preciso romper un cristal da porta para acceder á vivenda e auxiliar ao home. O ferido foi trasladado nunha ambulancia dos servizos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.