A sauna castrexa atopada en San Cibrao será tapada
A Xunta ordena deter a escavación e tapar a sauna castrexa da Atalaia. Por agora descártase a posibilidade de ampliar a cata, "insuficiente" segundo o arqueólogo, e retomáronse as obras de saneamento suspendidas polo achado.