Alcaldes das provincias da Coruña e Lugo reclaman a reactivación da central térmica das Pontes

A central acumula xa catro meses sen actividade, debido ao encarecemento do prezo do CO2.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O colectivo de camioneiros encargados de transportar o carbón desde o porto exterior de Ferrol ata a central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez iniciarán unha serie de peches para demandar a reactivación deste centro industrial. Ademais, alcaldes do norte das provincias coruñesa e luguesa reclaman a reactivación da empresa.

A central acumula xa catro meses sen actividade, debido ao encarecemento do prezo do CO2. As mobilizacións finalizarán cunha reunión no Ministerio de Industria, o 10 de setembro, en Madrid, onde reclamarán solucións.

Así o asegurou o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso (PSOE), minutos antes de reunirse con representantes dos gobernos municipais da Capela, As Somozas, Cabanas, Cerdido, Cariño, Fene, Ferrol, Moeche, Narón, Ortiguiera, Pontedeme, San Sadurniño e Valdoviño na provinicia da Coruña, ademais dos lucenses de Vilalba, Xermade e Lugo. Tamén estivo presente o presidente do colectivo de Transportistas do Carbón das Pontes, 'Cholo' Bouza.

ESPECULACIÓN

O rexedor da localidade onde está situado este complexo industrial abundou que no encontro en Madrid ante Industria farase entrega dun documento para que "unha central que se está adaptando á normativa ambiental europea máis esixente non teña que sufrir por culpa da especulación dos prezos do CO2, que afecta agora ás Pontes, pero que vai afectar a moitas outras industrias galegas e estatais".

"Non se pode permitir que o aire que respiramos poida ser unha mercadoría como o petróleo ou as xoias, un aire que se está comercializando actualmente a 25 euros por tonelada, provocando que a central térmica estea parada e teña un futuro negro, negro como o carbón", incidiu o tamén presidente da Deputación da Coruña.

González Formoso detallou que esta segunda reunión de alcaldes dá continuidade á celebrada no mes de xullo e na que se iniciou "unha reclamación conxunta de toda a comarca ao Goberno central e ao Goberno comunitario" para que "unha instalación que se está adaptando á normativa europea, cun investimento de 230 millóns de euros, acometéndose a data de hoxe, e con 900 empregos directos e indirectos afectados, é un sen sentido o tela parada, co efecto que ten sobre a economía da comarca", sentenciou.

Reunión de alcaldes nas Pontes este mércores.. CEDIDA
Reunión de alcaldes nas Pontes este mércores.. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta