Ferroglobe recibe unha das axudas máis altas de todo o Estado, con 11,7 millóns de euros para a planta de Arteixo. Esta produtora de silicio metalúrxico e outro tipo de aliaxes pretende a instalación dun forno ou reactor vertical eléctrico de biocarbón na fábrica para substituír o carbón de orixe fósil por carbón vexetal.
  comenta   0
Unha apagada a caldeira, a planta entrará nunha fase de transición cara a "unha situación segura", que implicará traballos de baleirado, limpezas e desconexións eléctricas.
  comenta   1
“...non hai necesidade de proclamarse de esquerda. Abonda actuar como nacionalistas para demostralo.” Bautista Álvarez
  comenta   0
O Observatorio Galego da Acción Climática asegurou que o afundimento do uso de carbón (- 93,6 %) foi o único avance importante rexistrado nos últimos anos na redución do consumo de combustibles fósiles en Galicia, a principal causa das emisións galegas de gases de invernadoiro causantes do cambio climático.
  comenta   0
Tamén se están apoiando proxectos municipais, como o desenvolvemento dun centro loxístico no polígono industrial de Penapurreira, nas Pontes, que dea servizo ás empresas con problemas de almacenaxe e ao transporte por estrada afectado polo peche da central, adxudicado a través dunha convocatoria en 2021.
  comenta   0
A xestión do organismo e da concesionaria da terminal de colectores de Caneliñas, Yilport, claves neste aumento
  comenta   0
Aumentou un 87% para producir o 4% de electricidade. Na presente década as emisións de gases con efecto invernadoiro deberían diminuír cando menos até un 65% a respecto de 1990, case o dobre do conseguido até hoxe.
  comenta   0
A produción renovable representou o 64% do total, lonxe do 100% que debe supor en 2030, cun estancamento debido á baixada do 46% da contribución de encoros.
  comenta   0
O vicepresidente primeiro da Xunta e responsable da área económica, Francisco Conde, demandou ao Goberno que achegue "concrecións" para que poidan implantarse a planta de pneumáticos de Sentry Tire, a de biomateriales de Ence ou a central de hidróxeno verde EDP e Reganosa.
  comenta   0
O traslado do mineral por estrada comezará o vindeiro luns, tras arribar un barco grego ao porto esterior cheo deste mineral.
  comenta   0
En vista dos cambios que se están dando no marco enerxético, CIG esixiu ao Ministerio que estableza unha canle de información "permanente" sobre o estado da central térmica.
  comenta   0
A central está parada desde xullo, mais este ano xa achegou uns 650.000 MWh, un 40% máis que en todo 2021, favorecida pola baixa produción renovábel. Galiza un Futuro sen Carbón califica de" decepcionante, innecesario e inxustificábel" o mantemento de dous dos catro grupos da central de carbón pontesa. Cruce de acusacións entre o Goberno central e a Xunta.
  comenta   0
Endesa expón a substitución dos 1.400 megawatts (MW) de carbón das Pontes por 1.300 MW renovables. A Xunta pide ao Goberno central "certezas" para os traballadores e proxectos
  comenta   0
Fontes da compañía confirmaron que os contratos do persoal das auxiliares e do propio da central que se atopa desprazado foron estendidos ata finais de xullo.
  comenta   0
A suba do prezo da luz fai que moitas familias teman non poder pagar a factura. Aínda que ralentizadas, as tarifas eléctricas seguen impoñendo unha forte carga para a poboación. Non son poucas as reclamacións ante prezos cun valor catro veces superior ao do ano pasado.
  comenta   0
'Galiza, un futuro sen carbón' insiste en que o gas fósil non pode ser o novo carbón, polo que urxe planificar o peche dos ciclos combinados galegos para antes de 2030.
  comenta   0
'Galiza, un futuro sen carbón' urxe ao MITECO a rematar os trámites necesarios para a autorización do peche da central de carbón das Pontes solicitado por Endesa.
  comenta   0
A central térmica de Endesa nas Pontes deixa de operar por falta de carbón. As lonxas tentan recobrar amodo a normalidade.
  comenta   0
O Goberno tenta pechar o paro, pero todo apunta a que certos grupos poderían seguir mobilizándose ao non verse representados nos interlocutores do Executivo. Lugo, Santiago e Vigo volven sufrir retencións pola aproximación dos camións, que polo momento só entraron na urbe romana. Feijóo, "preocupado" por se afecta á sanidade.
  comenta   0
Segundo o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, a crise do prezo eléctrico vén motivada pola aposta de España "por pechar as centrais térmicas e depender exclusivamente do gas".
  comenta   0
As instalacións de Endesa contaban cunhas 40.000 toneladas previas a este tres envíos, que levan á central 80.000, 20.000 e 77.000 toneladas, respectivamente, o que fai un total de 217.000 toneladas a disposición para a súa combustión.
  comenta   0
No que respecta ao seu plan investidor para o próximos tres anos, Enel sitúa o seu 'capex' bruto para Endesa entre 2022 e 2024 nos 7.500 millóns de euros, o que supón unha caída do 5% fronte aos 7.900 millóns de euros do seu plan anterior.
  comenta   0
A posta en marcha desta figura, vinculada ao Instituto para a Transición Xusta, está prevista para comezos do próximo ano, segundo avanzou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, este venres.
  comenta   0
O presidente da Asociación de Transportistas do Carbón das Pontes lembrou que en anos anteriores este colectivo "chegaba a trasladar entre 18.000 e 25.000 toneladas de carbón ao día".
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción apunta a un gran descenso nos gases de efecto invernadoiro polo peche das Pontes e Meirama, pero a escaseza de gas e crudo podería poñer de novo sobre a mesa a opción do carbón.
  comenta   0
A enerxía nuclear é a enerxía máis limpa e segura que existen na actualidade, así como rendible. Francia xera máis do 75% da súa electricidade coa enerxía nuclear, e por iso emite 10 veces menos Gases Efecto Invernadoiro ( GEI) que Alemaña. ¡Dez veces menos!. Alemaña xa comunicou que non vai pechar os seus centrais térmicas de carbón, senón que vai construír máis térmicas. Tamén aposta polo Gas de Rusia.
  comenta   0
O primeiro barco con carbón para alimentar a térmica das Pontes atracará este xoves en Ferrol. A central era dada por morta ante as elevadas taxas da UE ás emisións contaminantes, pero a escaseza de gas e crudo volven poñer o carbón sobre a mesa como opción rendible.
  comenta   0
Os sindicatos sinalaron que con esta nova compra de carbón tamén se abre un novo escenario neste complexo industrial, xa que "nos interesa que se nos concrete en que se vai a traducir, en canto a carga laboral, esta medida".
  comenta   0
O baleirado de encoros nos ríos Sil e Miño, así como outros correspondentes á súa Confederación Hidrográfica, coincide cos picos máis altos no prezo da luz. O Goberno central pide “empatía social” ás empresas, a Xunta de Galicia descarga toda a responsabilidade na Confederación Hidrográfica Miño-Sil e as facturas da luz seguen subindo sen parar.
  comenta   1
O delegado do Goberno, José Miñones, visitou os municipios coruñeses de Dumbría e Carnota, localidades que recibiron axudas estatais para o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética.
  comenta   0
O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, reclamou a Portos do Estado a necesidade de compensar a perda de ingresos provocada por "a abrupta aceleración da transición enerxética" e con ela a "freada" pola perda dos tráficos do carbón para a central térmica de Endesa nas Pontes (A Coruña).
A preguntas dos medios sobre se España está preparada para poder suplir a falta de centrais térmicas en momentos de máxima demanda enerxética, González Formoso trasladou que "a estratexia enerxética deste país necesita un baño de realidade".
  comenta   0