CIG reclama convocar a Mesa das Pontes e "sacar xa" a concurso os 700 MW da central térmica

En vista dos cambios que se están dando no marco enerxético, CIG esixiu ao Ministerio que estableza unha canle de información "permanente" sobre o estado da central térmica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

CIG-Industria informou de que mantivo unha conversación coa directora do Instituto para a Transición Xusta, organismo dependente do Ministerio, para coñecer en detalle a situación da central térmica das Pontes tras a decisión de manter operativos dous grupos e pechar outros dous.

Nesa conversación, en vista dos cambios que se están dando no marco enerxético, CIG esixiu ao Ministerio que estableza unha canle de información "permanente" sobre o estado da central térmica.

De igual maneira, solicitou a convocatoria "formal e urxente" da mesa das Pontes xa que neste organismo están presentes todas as partes implicadas: o Ministerio, a Xunta de Galicia, Endesa e os axentes sociais. E instou a "sacar xa" a concurso os 700 MW dos grupos 3 e 4 da central térmica.

Os camións do carbón da central de Endesa nas Pontes bloquean os accesos.
Os camións do carbón da central de Endesa nas Pontes bloquean os accesos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta