Endesa recibirá o segundo buque con carbón para reactivar a central térmica das Pontes

O 'Bahri Trader' ten previsto desestibar 80.000 toneladas de mineral o porto exterior de Ferrol.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Endesa recibirá este domingo, 14 de novembro, o segundo buque con carbón para a central térmica que teñen nas Pontes de García Rodríguez, que viaxa no 'Bahri Trader', e que ten previsto atracar ao mediodía desa xornada no porto exterior de Ferrol.

Transportistas de carbón bloquean as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez
Transportistas de carbón bloquean as saídas da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Alí, está previsto desestibar 80.000 toneladas de mineral na terminal que a empresa eléctrica ten, para posteriormente ser levado por estrada ata o parque de carbóns situado no propio complexo enerxético, que almacena as 40.000 toneladas de carbón e que levan meses a cuberto.

O buque, de bandeira de Arabia Saudita e 229 metros de eslora, navegaba no mediodía deste venres, día 12, por augas do Estreito de Gribaltar, para posteriormente atravesar a zona de costa portuguesa e atracar en Ferrol.

Será este o segundo buque que atraque en Caneliñas nas últimas semanas, despois de que o 28 de outubro xa o fixese o barco 'Lady Deniz', que deixou unhas 20.000 toneladas na rada exterior, pola que Endesa disporá, no seu conxunto, unha vez completada a descarga do carbón que chegará o domingo, con 140.000 toneladas para a súa combustión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta