A crise enerxética ameaza con volver disparar as emisións de gases en Galicia

Ecoloxistas en Acción apunta a un gran descenso nos gases de efecto invernadoiro polo peche das Pontes e Meirama, pero a escaseza de gas e crudo podería poñer de novo sobre a mesa a opción do carbón.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Galicia contaminaba un 24% máis no tocante aos gases de efecto invernadoiro 31 anos atrás. Esa é unha das conclusións tiradas do informe “As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) de Galicia (1990-2019)”, elaborado por Ecoloxistas en Acción partindo dos datos oficiais "máis recentes"; ou, cando menos, os dispoñibles, xa que, segundo apunta a Plataforma, "desde a Xunta apenas se están a difundir".

Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ - Arquivo
Central térmica das Pontes (A Coruña). LEA PAZ - Arquivo

A pesar de que as cifras recollidas pola plataforma verde dan conta dun incremento substancial, para a asociación non é motivo de especial euforia. No mesmo informe asegura que a redución é "insuficiente" e que cómpre incrementala "até polo menos o 65%" durante un prazo temporal que estenden ata a fin presente década. 

Dende Ecoloxistas subliñan, asemade, que detrás deste descenso se atopa no peche das grandes centrais térmicas acaecida nos últimos anos, apuntando así tanto a Meirama como ás Pontes. "Practicamente toda a baixada das emisiónstotais de GEI de Galicia entre 1990

e 2019 foi debida á descarbonización parcial do sector eléctrico polo aumento da

produción renovábel", apuntan dende a asociación.

O REGRESO DO CARBÓN

Neste aspecto, o descenso acaecido nas cifras de GEI en Galicia podería pender dun fío moi fino ao chegar as novas de cargamentos de carbón que se volven aproximar á central térmica das Pontes, que ata hai pouco non era rendible polas altas taxas impostas da man da UE pero que agora, en plena crise de abastecemento de gas e crudo, volve poñer sobre a mesa a carta do carbón. 

Fronte a esta circunstancia, Ecoloxistas en Acción ve "chave" desenvolver unha transición enerxética que, sobre todo, estea baseada nun "forte decrecemento do consumo de enerxía  e nun desenvolvemento renovábel con participación da cidadanía e respectuoso coa biodiversidade". Principalmente porque aínda que recorte das emisións de GEI atinxido en Galicia iguala o logrado á escala da UE, o de Galicia non foi sostido no tempo, o que, segundo a asociación supuxo maiores emisións acumuladas na Comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta