Sobe o paro en Galicia máis que a media do estado

O incremento foi de case un 2%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 2.899 persoas en agosto en Galicia en relación con xullo, o que supón un incremento do 1,92%, algo superior ao rexistrado pola media estatal, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

En relación co mesmo mes de 2018, a cifra de desempregados descende en 10.604 persoas, o que representa unha caída do 6,45%, case o dobre da media, e o total sitúase en 153.820 parados na comunidade galega.

No conxunto estatal, o aumento en agosto en comparación co mes anterior foi en 54.371 desempregados, o seu maior ascenso neste mes desde 2010, cando aumentou en 61.083 persoas. Tras a subida de agosto, lastrado polo final da tempada turística, o volume total de parados situouse en 3.065.804 desempregados, o seu nivel máis baixo nun mes de agosto do últimos dez anos.

O paro rexistrado en Galicia en agosto. EPDATA
O paro rexistrado en Galicia en agosto. EPDATA | Fonte: Europa Press

Por provincias, en Galicia, o maior repunte produciuse en Ourense, do 2,14%, con 366 desempregados máis, ata 17.467. Seguiulle Pontevedra, cun ascenso do 2,01%, en 1.186 persoas, ata 60.249.

Por baixo do 2%, cun 1,89% e un 1,42%, respectivamente, situáronse os incrementos da Coruña e Lugo, que contabilizan 1.142 e 205 desempregados máis, ata un total 61.412 e 14.692.

SOBE EN SERVIZOS, INDUSTRIA E CONSTRUCIÓN

Os 153.820 parados repártense na comunidade entre 90.483 mulleres e 63.337 homes. Por sector de actividade económica, subiu en 2.672 o dato en servizos, ata 105.630; en 287 na industria, ata 17.394; e en 41 en construción, ata 12.344.

Pola contra, reduciuse o desemprego en agricultura, en 98 persoas, ata 5.022; e no colectivo sen emprego anterior, en tres, ata 13.430. Este último grupo, o de parados sen emprego anterior, distribúese entre 4.562 homes e 8.868 mulleres.

COBERTURA POR DESEMPREGO

A cobertura total do sistema de protección por desemprego situouse en xullo en Galicia no 56,29%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Esta porcentaxe calcúlase como o número de beneficiarios de prestacións por desemprego, que en abril alcanzou as 83.546 persoas, dividido entre a cifra de parados dese mes (cando había 163.412) unha vez descontados os correspondentes ao colectivo sen emprego anterior (14.999).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta