Santiago, capital europea da xerarquía católica en outubro

Será a sede do congreso de Conferencias Episcopais de Europa (CCEE).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa (CCEE) terá lugar en Santiago de Compostela do 3 ao 6 outubro, por invitación do Arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, e co apoio da Conferencia Episcopal Española.

O tema elixido para esta plenaria é 'Europa, hora de espertar? Os signos da esperanza'. Durante o seu transcurso, a Asemblea realizará unha análise cultural, político e social da situación de Europa, especialmente sobre o seu pasado máis recente, da man do filósofo francés Chantal Delsol.

A plenaria tamén identificará os elementos máis importantes que inflúen no tecido eclesial e civil do continente, lembrando as raíces cristiás inherentes a historia e cultura europea. Finalmente, os membros do CCEE presentarán as iniciativas máis relevantes das súas propias Conferencias Episcopais.

Catedral de Santiago de Compostela
Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta