Críticas de profesoras e investigadoras á cancelación das xornadas sobre 'Traballo sexual' na Universidade da Coruña

"Acalar un debate e pechalo en falso nunca pode ser unha boa idea", argumentan.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 12/09/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Máis dun cento de profesoras, catedráticas e investigadoras do ámbito académico nacional e internacional subscribiron un manifesto, no que tamén figura a firma de profesores, ademais de persoas doutras profesións, rexeitando a cancelación das xornadas sobre 'Traballo sexual', previstas na Universidade da Coruña.

Redada nun club de alterne
Redada nun club de alterne | Fonte: Guardia Civil

"Acalar un debate e pechalo en falso nunca pode ser unha boa idea", argumentan nun manifesto publicado tras as reaccións en contra destas xornadas, das que, finalmente, a UDC, optou por suspender a súa celebración na Facultade de Socioloxía ao considerar que non se pode garantir "a seguridade" do debate nin da súa calidade.

"Cremos que estas xornadas e outras parecidas deberían realizarse na universidade, entendendo que esta debe ser un espazo aberto a recoller debates que se están producindo na sociedade e no movemento feminista", sinalan no seu manifesto.

"A universidade foi historicamente un sitio onde se deron loitas centrais pola liberdade de expresión e aínda hoxe debe ser un bastión que permita discutir en condicións cuestións que poden resultar polémicas, pero sobre as que non hai un consenso social asentado e sobre as que, por tanto, é imprescindible a produción de coñecemento", argumenta.

Por outra banda, incide en que a prostitución "é un tema de investigación en ciencias sociais que xa ten unha longa tradición" e lembra que a propia Facultade de Socioloxía da Coruña "leva vinte anos producindo coñecemento" sobre esta cuestión. A iso, suma no que no movemento feminista haxa "diversidade de opinións" sobre como encarar a prostitución.

AVANZAR EN ACORDAR POSTURAS

En base a todo iso, sinala que "acalar un debate e pechalo en falso nunca pode ser unha boa idea, máis ben deberiamos recoñecer a súa importancia e xerar máis lugares de encontro onde poder contribuír a construír unha opinión pública informada con suficiente coñecemento para avanzar en acordar posturas".

Por outra banda, e ante as voces que pedían en redes sociais a súa cancelación —finalmente levada a cabo pola UDC—, asegura que "este tipo de prohibicións acaban por impor unha falsa polarización onde parece que só son posibles dúas posturas (abolicionista ou prodereitos), cando o propio sentido do que significa unha e outra posición non están pechados".

"Unha pluralidade que só é posible despregar en debates sosegados", engaden nun manifesto no que critican "o intento de prohibir ás prostitutas falar das súas condicións de vida e das súas propostas a través das súas experiencias persoais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta