Un problema médico motiva a evacuación dun residente na illa de Ons

O evacuado foi atendido por unha ambulancia medicalizada unha vez chegou ao seu destino.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Efectivos de Salvamento Marítimo evacuaron este venres por mar a un residente de Illas de Ons debido a un problema médico, para trasladalo ao porto de Bueu.

En concreto, o equipo de Emerxencias 112 informou da situación sobre as 09,30 horas, solicitando evacuación médica a un residente por vía marítima.

Desde o centro de coordinación de Fisterra, mobilizouse á Salvamar Mirach que recolleu ao paciente ás 10,23 horas, que foi atendido por unha ambulancia medicalizada unha vez chegou ao seu destino

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta