Yolanda Díaz sobre Errejón: "Os proxectos madrileños aquí non callan ben"

A exlíder de EU, que di estar centrada tamén na política de Madrid, non pecha a porta a ser candidata á Xunta: "Nin a vida persoal nin a política elíxea unha".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/09/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A deputada de Galicia en Común Yolanda Díaz minimizou o posible impacto que poida supor para o resto de candidaturas da esquerda a aterraxe en Galicia da plataforma de Íñigo Errejón, Más País nas eleccións xerais do próximo 10 de novembro. "Os proxectos madrileños neste país non callan ben", sentenciou.

Díaz atendeu aos medios de comunicación nos corredores do Parlamento de Galicia, onde este venres seguiu a intervención de Grupo Común da Esquerda durante a última xornada do Debate sobre o Estado da Autonomía.

A aínda parlamentaria nas Cortes (forma parte da Deputación Permanente en representación do Grupo Confederal de Unidas Podemos) restou importancia a que Más País poida competir polas provincias galegas da Coruña e Pontevedra, precisamente as circunscricións onde En Común obtivo os seus dous deputados o pasado mes de abril.

Con todo, culpou a Errejón de que o seu "proxecto madrileño" fixo "caer" á exalcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, e "serviu" para que a Asemblea de Madrid caese en mans da dereita, tras competir o propio Unidas Podemos coa candidatura de Errejón na capital española.  Díaz asegurou que "o proxecto de Galicia en Común ten suficiente solvencia política e electoral para manterse".

"Os proxectos madrileños no noso país non callan ben", espetou Yolanda Díaz tras pór o foco en que "a dispersión do voto" entre as forzas de esquerda "axuda á dereita". Con todo, Galicia en Común está plenamente integrado, e sen capacidade de decisión propia, no grupo de Unidas Podemos en Madrid.  "A cidadanía sabe ben a quen votar. Por moito que os políticos pensen moitas veces que a xente se confunde, a experiencia dime que sempre saben a quen votar", remarcou.

CANDIDATA Á XUNTA

Tamén foi cuestionada sobre a celebración de primarias para elixir candidato á Xunta no seo da súa organización, Esquerda Unida; un proceso ao que só concorreu a deputada en Galicia, Eva Solla, sucesora de Díaz no cargo de coordinadora nacional da federación galega de EU.

Díaz, que alimentou hai un mes a posibilidade de ser candidata á Xunta nas eleccións autonómicas previstas para o ano 2020, di estar "centrada" nas súas "tarefas no Congreso", aínda que recoñece que "o futuro" está aberto porque "nin a vida, nin a persoal nin a política, elíxea unha".

Yolanda Díaz e Pablo Iglesias, nunha rolda de prensa no Congreso
Yolanda Díaz e Pablo Iglesias, nunha rolda de prensa no Congreso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 xPMQ

Por favor señora! acaso Iglesias y Echenique son de Monforte?

5 Hijas de caín

Juajajajajaujajjajauaujajauuuuauaujajaj

4 Desmareado

Yolanda e Errejón son ben parecidos. Oportunistas, trocan de partido ou de "marca" e de cargo público segundo sexa convinte para a súa carreira política. En fin, a "nova política" feita de "abaixo cara arriba". Pero non podemos criticar porque os fans acúsannos de haters. Mentras Feijoo tranquilo papando a nova esquerda no debate da autonomía.

1 Desbloqueado

Xa sabemos que a blocallada ten morriña da vella polítca, aquela na que PPdeG e PSdeG se repartían o pastel do poder en Galiza e no BNG vos conformabades coas migallas, suficiente para manter os chiringuitos satélites. Pero podiades disimular un pouco, por decoro.

3 Rodrigo Roi

Díxolle o pote á tixola... Foi falar "A Manzanares". Máis madrileña que ela nen a Puerta del Sol (que más calienta...). O desta muller non ten nome, face de granito e diamante. O de Beiras pode explicalo a idade, esto non: é cinismo puro.

1 Bernal Calvo Delaciga

Madrileña tamén é a orixe dos cartos cos que o BNG mantén os seus centos de liberados. Y lo sabes...

2 Cho-vi-ti-to

Quen lle ia dicir ao Chovi da FPG que ia acabar defendendo á xente de IU por interné...

2 Chu En Lai

Claro, como Pablo Iglesias é chino ...