"¿Quen é galego?"

Ramón Suárez, 'O Muxo', volvía criticar hai uns días, no programa radiofónico que ten en Bos Aires, a definición dos cidadáns galegos que o BNG fai na sua proposta de Estatuto. 'O Muxo' xa criticou duramente, pouco antes da visita de Emilio Pérez Touriño a Arxentina, a reforma da ley electoral plantexada polo conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu... ¿QUEN É GALEGO? (PROGRAMA 07-05-2006)

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/05/2006 | Actualizada ás 09:31

Comparte esta noticia

(PROGRAMA 07-05-2006)

'O Muxo' reflexionaba o pasado 7 de maio sobre "¿QUEN É GALEGO?" e dicía:

"Dous meses atrás, o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Méndez Romeu, dicía: "cidadáns de Galicia son os que tributan impostos dentro da comunidade". Agora, no proxecto de estatuto do Bloque Nacionalista Galego (BNG), establécese no artigo 4.

1. Son cidadáns e cidadás de Galiza todas as persoas con veciñanza administrativa nalgún dos concellos galegos.

2. Unha lei do parlamento de Galiza regulará os procedementos de adquisición, conservación e perda da cidadanía galega, que deberá ter en conta a situación de todas as persoas residentes fóra de Galiza, que dispuxeran da súa última veciñanza en territorio galego, e a da súa descendencia.

Eu négome rotundamente a aceptar que unha lei do parlamento regule a miña condición de galego. Eu son galego por algo tan sinxelo como é, haber nacido na Terra, e debo ter absolutamente todos os dereitos, políticos e non políticos, que teñan os irmáns que viven nos concellos galegos, pagando, ou non pagando tributos.

O Estatuto de BÓVEDA, CASTELAO e os outros GALEGUISTAS, consideraba galegos, aos que o foran por natureza e aos que gañasen vecindade na Rexión.

Esta necidade de Méndez Romeu e do BNG, dita, como se escoita moitas veces en conversas informais, non merecería de min, nin sequera un mínimo comentario, por aquilo de non gastar enerxías en cousas inconducentes, pero aquí a cousa é distinta. Méndez Romeu é nada menos que conselleiro de Presidencia do goberno e, o BNG é a terceira forza política galega, cogobernando hoxe co PSOE, a nosa Autonomía.

Agora ben, mentres o ministro de Traballo de España confirmaba hai uns días en Uruguay, que a única forma de obter a nacionalidade española, os netos maiores, é, despois de residir un ano en España. A diputada polo BNG, Olaia Fernández Dávila, pide no Congreso que se lle recoñeza a fillos e netos de emigrantes a "cidadanía plena", polo que, de prosperar o seu proxecto e o aberrante estatuto que propón a súa formación política, teriamos unha condición de individuos que considerabamos extinguida , os que ante a pregunta ¿es usted gallego?, repondían: soy español. Claro que antes era por vergonza e ignorancia propias, hoxe seríao por ignorancia e vergonza alleas, xa que nos pasaportes, acreditaríase que somos españois, pero non seriamos galegos. Pobres descastados que pensan que a patria lévase na sola dos zapatos.

Non vou relacionar hoxe, as aportacións culturais e económicas, que fixo e segue facendo a Galicia, a emigración, arquicoñecidas por todos "os bos e xenerosos". Só direi que, co espírito deste desatinado estatuto, Pablo Iglesias, Ferrol 1850-Madrid 1925; Manuel Curros Enriquez, Celanova 1851-La Habana 1908; Wenceslao Fernández Flores, A Coruña 1879-Madrid 1964; Castelao, Rianxo1886-Buenos Aires 1950; Ramón Suárez Picallo, Sada 1894-Buenos Aires 1964; Tacholas, Ourense 1909-Buenos Aires 1991; Lorenzo Varela, La Habana 1916-Madrid 1978. Todos, morreron non sendo galegos; ata o San Froilán, Patrón de Lugo, que naceu nesa provincia no ano 933 e, viviu moitos anos en Zamora e León, donde o colleu o pasamento. E tamén non eran galegos nas tempadas que viviron fóra da Terra, Rosalía e o seu esposo Murguía; Concepción Arenal; Eduardo Blanco Amor; Manuel Colmeiro; Laxeiro; Rafael Dieste; Manuel Lugrís Freire; Luis Seoane; Celso Emilio Ferreiro; Antón Avilés de Taramancos e tantos outros, e finalmente non eran galegos, os que propiciaron a creación da Academia Galega; da bandeira branca e azul e do noso Himno, pois tales fitos foron artellados en Cuba.

Coma colofón, e ao xeito de Castelao, pídolle a Deus ou a quen corresponda, nos libren destes "oradores e xuristas que só aprenderon a ciencia dos libros"."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

22 yeye

esquecía unha cousa que se ben quedou implícita creo que lle compre a explicitación pola súa importancia na retranca: O disimulo.
A boa retranca debe acadar a sorpresa no outro, que por un momento non entenda, e a posibilidade de que se dea de conta de que algo hai de malicia, xogar co outro pero dándolle a posibilidade a que el tamén retranque.

21 yeye

a retranca... nunca souben moi ben cómo se pode explicar algo así porque por moito que nos dicionários se diga uqe é unha ironía... que va que va. Di o Estravís:

retranca:

(1) Ironía, raposaría, segunda intención. (2) Graza intencionada no falar. (3)...

Vamos, que é unha malicia... pero eu non sei aínda, que non. despois o dicionario segue con distintos apeiros para as bestas e os animais e remata dun xeito que moito me gusta:

(6) Acto de dar couces.

Si, ahí poder ser. Etimolóxicamente cádralle mellor; ese movemento de retroceso violento. A retranca é unha reacción, pero segue a ser algo máis, e non sempre violento, as veces resulta ser coma un pescozonciño tenro e amigable.
Unha das pelis onde creo que mellor se ten retratado o humor galego e dentro del a retranca é en "Os luns ó sol".
E penso na escea onde o prota ¿Santa? lle di ó rapaz do can que fai garda no astaleiro que todo aquelo o van vender para repartilo entre os traballadores e el dubida. Podería parecer cruel, podería parecer que se ri dun desgraciado... e non. Estao tomando por un igual ó darlle a posibilidade de participaren da retranca, esa pequena patadiña, esa couce cariñosa que espera ser tomada como tal, e o que parece tonto non o será tanto cando ten a malicia bastante para se dar de conta. E o mellor de todo é a contrarretranca, coma decían por alá:

-ás mulleres gústalles o chicolate -decía el.
-e ós homes tamén -contestou ela.

E moita risa despois.


As veces tamén se usa para facer mal, claro.

20 meco

o unico q haberia q conseguir e q a xente decida sobre o q descoñece, a realidade galega.
un representante da emigracion sen poder de decision sobre o goberno q se constitua, ou algo semellante.
a min persoalmente non me fastidia a quen voten, so os numerosos fraudes e manipulacions do voto emigrante.

19 Antonio

O Muxo ese, que non sei quen é pois por Caracas nunca veu, ten toda a razón.
O mínimo que esperaba dun partido que se chama nacionalista galego é que non poñera en dúbida a galeguidade dos que nacimos alá e non tivemos a sorte de quedar na casa, como a maioría dos que escribides contra nós porque non votamos o que vos gustaría.
Así sodes os novos galegos. Inventástedes un idioma, ese no que na Televisión de Galicia lle chaman can quente a un hot dog, e agora queredes eliminarnos.
Por este camiño, os vosos fillos ou netos terán que marchar outra vez en masa, como fixemos nós.
Se gastarades toda esa enerxía patriótica en pedir que cambien o sistema, para que non voten máis os mortos, como a señora esa de Argentina das últimas elección, moito mellor nos iría aos galegos todos.

18 yeye

...o futuro do país, "chi lo sa"?

Se cadra a meiga da pota do fume do inferno pode mirar mal a Galiza e enfeitizala, pero un mísero muxo... xa dicían por ahí, nos canos da merda que da no mar, alí andan, á busca de "alimento".

Galiza precisaba o cambio de goberno e houbo xente que se mobilizou en contra desa posibilidade, sen éxito. O goberno de preogreso deberá agora dar sinais de que hai formas de facer distintas e mellores, creo que o está a amosar en agricultura, en infraestructuras ainda é cedo, pero parece que vai a mellor, o das galescolas está moi ben como idea -veremos ata qué punto é realizable ó cento por cento-,... e ben, o futuro non se decide... vaise conformando entre todos, incluido o muxo, que non decide pero participa e da pé a debates como este.