Animalistas acusan a cazadores e agricultores de ser "cuñados" das propostas da Xunta co xabarín

Citan un estudo do Journal of Wildfire para criticar a medida da Xunta de permitir a caza deste animal en 33 municipios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Libera avisou de que estudos científicos expoñen que o aumento da caza produce a proliferación de xabarís, tras o anuncio da Xunta de permitila todos os días en 33 municipios ata finais de febreiro.

Nun comunicado, esgrime, por exemplo, un estudo publicado en 2008 no Journal of Wildlife Management que sinalaba que nunha zona de Francia constatouse que cantos máis animais se cazaban máis poboación había ao ano seguinte debido a que as femias "adiantaban a súa idade de primeira reprodución á conta de morrer máis novas".

A este respecto, censura que non está apoiada de forma científica a declaración da Xunta de "emerxencia cinexética" por un maior número de individuos, posto que "non está demostrada por ningún censo independente", senón por comunicacións de danos e accidentes, no que atribúen a "un mantra do lobby procaza".

Por tal motivo, os animalistas avanzan que remitirán estas conclusións científicas ao Defensor do Pobo, á vez que chaman aos grupos parlamentarios a mobilizarse ante esta situación. "A proposición da Xunta aplaudida por este sector 'cuñado' de cazadores e agricultores carece de toda lóxica e pode abocar aos montes galegos a un verdadeiro desequilibrio animal e ambiental", censura.

Un cazador
Un cazador | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta