Amigos de Galicia porá en marcha en 2020 un plan de atención para persoas maiores que viven soas

Estímase que unhas 128.000 persoas maiores de 65 anos viven soas na actualidade na Comunidade galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A Fundación Amigos de Galicia porá en marcha o próximo ano e en colaboración cos servcios sociais dos concellos un plan de atención para persoas maiores que viven soas.

O programa estará integrado por persoal técnico cualificado e un equipo de voluntarios que realizarán un seguimento a estas persoas e axudaranlles a realizar trámites administrativos, utilizar as novas tecnoloxías e resolver os problemas que teñan no seu día a día.

Estímase que unhas 128.000 persoas maiores de 65 anos viven soas na actualidade na Comunidade galega. Ademais, no que vai de ano, 19 pesonas que residían sen compañía apareceron mortas nos seus domicilios.

A Fundación Amigos de Galicia FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA
A Fundación Amigos de Galicia FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta