A "revolución de Medicina" propágase a máis facultades e universidades galegas

A Asamblea de Humanidades de Vigo é a primeira que se suma ao movemento estudiantil. Xorden tamén novas agrupacións na USC: Dereito, Enfermería e Matemáticas, e tamén da Asamblea de Humanidades, no campus de Lugo

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O movemento asambleario horizontal que orixinou o estudantado da Facultade de Medicina da USC "contaxiou" o resto de facultades. Ás xa creadas de Comunicación, Políticas, Farmacia, Bioloxía e Maxisterio súmanse novas organizacións en Dereito, Enfermería e Matemáticas.

Asemblea na Facultade de Medicina da USC
Asemblea na Facultade de Medicina da USC | Fonte: Asemblea Aberta Medicina

Tamén destaca a propagación desta "revolución de Medicina" a outras cidades galegas, como son o caso da Asamblea de Humanidades da UVigo e tamén a de Humanidades de Lugo, do Campus de Lugo da USC.

Todas estas novas asembleas traballan xa entre elas e teñen xa creados perfís nas redes sociais coa intención de "tecer lazos" e "facer máis forza para conseguir obxectivos comúns e particulares".

Como xa informou este xornal, o éxito e repercusión social das mobilizacións do alumnado de Medicina de Santiago, en folga indefinida e de protestas polas condicións da docencia, contidos e organización do grao, está a reactivar o movemento asembleario na universidade, cunha avalancha de apoios á campaña reivindicativa e con novas iniciativas para sacar á luz e atallar unha serie de problemas e carencias que teñen diversas facultades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta