Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 12:21
A capital galega volverá ser un dos epicentros do seguimento da noite electoral este domingo, xornada para a que a maior parte dos partidos elixiron de novo as súas sedes mentres que Cs optou por un hotel e o BNG volverá ao restaurante no que se citou nas últimas eleccións.
Deste xeito, os socialistas galegos encabezados polo seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, volveranse a reunir na súa sede autonómica do Pino, tamén na capital galega, onde se espera a presenza doutros destacados dirixentes.
Pola súa banda, os populares galegos farán o reconto dos seus resultados na súa sede en Santiago de Compostela aínda que as comparecencias aos medios realizaranse no Hotel Eurostars de San Lázaro. Así, na sede estarán a dirección do partido en Galicia.
Os candidatos de En Común-Unidas Podemos tamén volverán á súa sede de campaña, no Coworking Campus Stellae situado na histórica Praza da Quintana, para coñecer os resultados das urnas. Alí acudirán os catro cabezas de lista: Antón Gómez-Reino (A Coruña), Yolanda Díaz (Pontevedra), David Bruzos (Ourense) e Lugo (Vanesa Somoza).
Cs Galicia optou nesta ocasión un hotel da cidade, o Tryp Santiago, onde acudirán os candidatos as cabezas de lista da formación polas distintas provincias galegas.
Ademais, o Bloque Nacionalista Galego trasládase de Rodríguez de Viguri ao restaurante A Nave de Vidán, como xa fixo nos anteriores comicios de 2016. Alí estarán membros da Executiva nacional liderada pola portavoz nacional Ana Pontón.
Pola súa banda, mentres que Más País non fará seguimento en Galicia, os candidatos de Vox seguirán o reconto electoral desde as súas respectivas provincias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.