Cerna chama a BNG, Anova, En Marea e CxG a chegar a un "entendemento" para integrar o nacionalismo galego

Pídelles que fagan unha "reflexión" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O partido Cerna apela a outras forzas nacionalistas, entre as que cita a Anova, BNG, Compromiso por Galicia e En Marea, a que fagan unha "reflexión" e aposten polo "entendemento" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.

A coordinadora de Cerna, con Paula Vázquez Verao e Mario López Rico
A coordinadora de Cerna, con Paula Vázquez Verao e Mario López Rico | Fonte: Europa Press

Tras celebrar este sábado a súa Asemblea, Cerna asegura que cambiar esta situación "non vai ser o resultante dunha maioría nas institucións españolas dentro desta Constitución, senón unha cooperación intelixente entre todos os soberanistas".

Fronte ao que denomina "procesos de destrución" da situación social, política e económica de Galicia, a formación pide "unha acción radical" que o cambie.

"Constatamos que a esquerda española en Galicia, por moito que leve admitido no papel a plurinacionalidade do Estado e os dereitos nunha Galicia soberana a decidir, na práctica negan o dereito á autoorganización política e practican unha dependencia férrea das matrices españolas respectivas", continúa.

Cerna ten un deputado no grupo de En Marea, partido instrumental que ata hai menos dun ano tamén deu acubillo a partidos como Podemos e Esquerda Unida (EU). Así, en vista de que esta confluencia "non deu os resultados esperados", o partido conclúe coa "imposibilidade" de que nunha mesma organización coincidan soberanistas e persoas "de dependencia española".

Por iso, Cerna advirte que o nacionalismo galego, para conseguir "apartar ao PP do Goberno galego", precisa unha "profunda reformulación que permita un amplo movemento" no que cooperen "todas aquelas persoas que queiramos a Galicia desde unha perspectiva de acción autoorganizada".

"Debemos repasar, todas, o que se practicou e experiencias anteriores de iniciativas erradas para non repetir vellas fórmulas fracasadas. Precisamos un ámbito soberano, radicalmente democrático, cidadán, no que se decida por cada persoa un voto", conclúe Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

6 Realpolitik

Todos xuntos no BNG e listo. Non é tan difícil. Pra "esquerda" españolista xa están o PsoE-Psdg e Podemos. Mágoa que os egos e as liortas pasadas fagan case imposible o entendemento entre eles. Galiza ou é Galiza ou é Galicia. Ou é unha nación de seu ou é unha autonomía española de segunda. E xa vemos como estamos xogando na liga dos segundóns do estado español...

1 nostrus

O BNG o mellor que poderia facer si ama a Galicia é disolverse en vez de sembrar odio e rencor e desprestixiar aos galegos acusandoos de febles e tontos por non seguir o seu credo. Galicia non é ningunha nacion, é unha rexion autonomica de España e asi seguirá sendoo,e esa é a sua identidade e o seu modo de contribuir ao progreso. Agora ben, os devotos da fe do nacionalismo, podedes seguir crendo as parvadas que vos dea a gaña.

5 Isidro

Sempre e cando coloquen a Mario López Rico e a Palleiro

4 O Almendro

CERNA volve sempre por navidad.

3 Leirachá

Estes fuman algo moi chungo

2 luisfoz

Dizer que Cerna está integrada na Maré é um erro grave