Cerna chama a BNG, Anova, En Marea e CxG a chegar a un "entendemento" para integrar o nacionalismo galego

Pídelles que fagan unha "reflexión" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O partido Cerna apela a outras forzas nacionalistas, entre as que cita a Anova, BNG, Compromiso por Galicia e En Marea, a que fagan unha "reflexión" e aposten polo "entendemento" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.

A coordinadora de Cerna, con Paula Vázquez Verao e Mario López Rico
A coordinadora de Cerna, con Paula Vázquez Verao e Mario López Rico | Fonte: Europa Press

Tras celebrar este sábado a súa Asemblea, Cerna asegura que cambiar esta situación "non vai ser o resultante dunha maioría nas institucións españolas dentro desta Constitución, senón unha cooperación intelixente entre todos os soberanistas".

Fronte ao que denomina "procesos de destrución" da situación social, política e económica de Galicia, a formación pide "unha acción radical" que o cambie.

"Constatamos que a esquerda española en Galicia, por moito que leve admitido no papel a plurinacionalidade do Estado e os dereitos nunha Galicia soberana a decidir, na práctica negan o dereito á autoorganización política e practican unha dependencia férrea das matrices españolas respectivas", continúa.

Cerna ten un deputado no grupo de En Marea, partido instrumental que ata hai menos dun ano tamén deu acubillo a partidos como Podemos e Esquerda Unida (EU). Así, en vista de que esta confluencia "non deu os resultados esperados", o partido conclúe coa "imposibilidade" de que nunha mesma organización coincidan soberanistas e persoas "de dependencia española".

Por iso, Cerna advirte que o nacionalismo galego, para conseguir "apartar ao PP do Goberno galego", precisa unha "profunda reformulación que permita un amplo movemento" no que cooperen "todas aquelas persoas que queiramos a Galicia desde unha perspectiva de acción autoorganizada".

"Debemos repasar, todas, o que se practicou e experiencias anteriores de iniciativas erradas para non repetir vellas fórmulas fracasadas. Precisamos un ámbito soberano, radicalmente democrático, cidadán, no que se decida por cada persoa un voto", conclúe Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

1 Gamela

Por fin péchase o círculo ! Cerna apañando os votos para o BNG-UPG ! E como premio Mario López Rico e Villares e calquera de Anova (agás Beiras) e ese artista de última hora de CxG colocados nalgunha lista das autonómicas como prezo da UNIDADE do Nacionalismo contra as forzas espúreas da Esquerda Española !!! https://i.gal/gamela03 Todo moi atinado, agás eso de cada persoa un voto, porque xa todo o mundo sabe quen vai CAPITALIZAR esta Unidade Nacional Galega (UPG) !!! E rematou o conto... Agora só falta ver o que votarán os galegos e galegas en 2020 !!!

1 Leirachá

Ese discurso caducou en 2012, e xa daquela vimos a onde nos levou, xa fede

2 Gamela

Qué parte do discurso caducou? Ogallá me equivoque pero o que vai feder é ver ao PP gobernar cos apoios de VOX pola terquedade dos que dín ter a clave de bóveda dende hai a friolera de 55 anos ! E non gobernaron nunca !!!

3 J.bainas

Que teima tes ca UPG. Podes explicarnos.

4 Gamela

Encantado de explicarme, pero a estas alturas debes ser o único que non leu o panfleto UPG Disolución, http://www.galiciaconfidencial.com/... A teima é sinxela de entender: 119.000 votantes do BNG non poden ser fagocitados por unha organización estalinista que está fóra do mundo real da Galicia actual e futura !!! Soñar con Repúblicas Inexistentes é un camiño que non leva a ningures! Como se pode comprobar logo de 55 anos de existencia desta nefasta organización !!! Saúde.