Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 22:58
As partes personadas na causa xudicial polo crime da nova Diana Quer, desaparecida en agosto de 2016 durante as festas da Pobra (A Coruña) e cuxo cadáver foi localizado case 500 días despois nun pozo situado nunha nave abandonada de Rianxo, foron convocadas este venres ás 10,00 horas en relación ao veredicto do xurado popular, que deberá ser revisado polo xuíz Ángel Pantín.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informou desta convocatoria e aclarou que "en principio, hai veredicto", que deberá ser validado polo xuíz antes da súa lectura pública.
Este veredicto, que debe determinar o grao de culpabilidade do único acusado, Enrique Abuín, alias 'O Chicle', chega tras dous días de deliberación nos que o nove integrantes do xurado permaneceron xuntos e illados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.