Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 11:25
Juan Carlos Quer non permite que se esqueza que a Diana "lle arrebataron o dereito máis importante, aquel que leva a Constitución a todos os mitins", que é "o dereito á vida", e lamenta que leve "dúas semanas falando do dereito do detido".
En declaracións aos medios, ás portas do xulgado de Santiago de Compsotela na mañá deste sábado, Juan Carlos Quer lembrou que a súa filla estivo "500 días nun pozo dicindo que 'non é non'".
Fontes do Tribual Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informaron de que este sábado, "en principio", haberá un veredicto sobre o crime da súa filla "a última hora da mañá ou a primeira da tarde".
Para Juan Carlos Quer "custa que se faga xustiza" e "faise duro" escoitar "que na mensaxe de protección de Diana" que reiterou sobre a necesidade da prisión permanente revisable "para evitar que outras nenas terminen noutro maleteiro ou no mesmo pozo", aínda se teña que escoitar que o "move a vinganza".
Pola súa banda, o avogado da acusación, Pérez Lama explicou que de momento están á espera de que o xurado popular volva entregar o veredicto ao xuíz Ángel Pantín, un documento que chegará por segunda vez ás súas mans despois de que o venres o maxistrado determinase que existían "posibles contradicións".
Pérez Lama asegura que hai que "esperar a ver se a motivación é suficiente" de acordo ás indicacións que determinou Pantín o venres. "Hai xurados que o fan á primeira fenomenal", engadiu, pero tampouco pode "explicar máis" ata que se emita o veredicto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.