Literatura en galego, por que non hai máis lectores na nosa lingua?

Catro autores mostran o seu parecer sobre a escritura en galego, sobre a escasa presenza do libro en galego entre a xente máis nova e algúns motivos sobre este fenómeno. Apuntan que o descenso de falantes está incidindo non só na lectura no noso idioma, senón que algúns tópicos sobre a literatura galega pesan moito no momento de ler autores na nosa lingua.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 03/12/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A creación escrita en galego veu aumentar o seu número de autores e autoras nos últimos decenios. Con todo, o fenómeno é inverso en canto receptividade da súa obra entre o público potencial a quen van dirixidas as súas obras. O número de lectores e lectoras en galego diminúe fronte a unha cantidade de títulos que sobordan a capacidade de “absorción” de lectura en Galicia.

Computador portátil, libros. XUNTA
Computador portátil, libros. XUNTA

Marica Campo, autora de narrativa e poesía analiza a situación desde unha perspectiva de volume. “Se se fai unha estatística a base de vendas, pode parecer que as cousas van moi ben, e iso é porque nos institutos e colexios se poñen libros de lectura obrigatoria”. O que dimensionaría a aceptación do libro en galego sería que “a xente mercase libros por propia vontade, mais isto lle pasa tanto ao libro galego como en español”. Mais tamén considera a autora do Incio que “agora predominan as novas tecnoloxías que, se se usasen ben, mesmo darían un novo xeito de ler”.

O escritor e teórico Mario Regueira vai á cuestión das lecturas dentro do ensino obrigatorio e no secundario, apuntando que “non estou a favor da obrigatoriedade sobre determinadas lecturas, ofrecería un abano de posibilidades para que os estudantes escollan”. Regueira apunta ademais que “a relación entre literatura e pedagoxía foi unha moeda de dúas caras, puido predeterminar a algunhas persoas a non leren en galego de adulto”.

Carlos Meixide, autor entre outras de títulos como Cans, Ons e Inge e Robbie, pon o acento en que “o libro en galego pode dar valor e limitar, mais o idioma non é condicionante para a xente nova se é que lle gusta o tema”. O que desde logo ten claro Meixide é que “o idioma non é limitante, o que si é limitante é o acceso a competir co castelán”. Samuel Solleiro, tradutor, novelista e poeta ten claro que a obrigatoriedade das lecturas no ensino “non é o que fai que haxa menos lectores”.

A EDICIÓN

As editoras en galego case fan traballo de ONGs porque expoñen moito do que teñen case de maneira voluntarista, mais hai algúns matices como que as editoras máis pequenas apostan por xente nova, as maiores quizais son as que apostan máis polos autores máis coñecidos” di Marica Campo sobre as empresas editoras. Sobre o número de títulos e lectores, Campo cre que se debera facer unha simple análise “a literatura debera ir paralela á lingua, porque se analizamos, cantos galegos somos?, cantos galegos len?, e cantos galegos len en galego?”. Quizais isto fixo que a publicación en galego sufra un fenómeno de “elefantiase”.

Unha alternativa é a autoedición en caso de non poder chegar cos escritos propios ás editoras convencionais. Este é o caso de Carlos Meixide que decidiu apostar por unha fórmula que “é homologable á edición máis tradicional”. Aínda así, Meixide recoñece que “é complicado mais é a miña principal ocupación”. Onde reside a fortaleza para a edición propia? Segundo Meixide “en manter unha periodicidade, de primeiras editara traballos que tiña gardados, agora toca traballar máis, por tanto, esixe unha certa capacidade de produción”.

CREAR E VIVIR

Actualmente o abano de títulos e autores que aparecen en Galicia, a posibilidade de aparecer entre rostros tanto consagrados como recentes, pode parecer unha misión case imposible. “Claro que animo a escribir, mais tamén digo que non é doado vivir da escrita, mesmo autores xa consagrados en galego dicían cando comezaban que xa tiñan claro que non poderían vivir da literatura”, di Marica Campo.

“Hai casos en que non se fideliza o autor” di Mario Regueira, que engade “o abandono da lectura en galego por parte de adultos puido deberse tamén a que a crítica literaria en galego decepcionou a moitas persoas”. Nese sentido lembra que a literatura galega “sempre foi relacionada con temas identitarios e con imaxinarios xa superados”. É por iso que Regueira ve necesario fomentar novos autores e xéneros como a novela negra.

Se é por unha cuestión económica de non ser que o combines con outros traballos, pois é difícil, mais non é o meu caso, teño outros traballos e non pensei en vivir da creación” di Samuel Solleiro. Sobre como é a experiencia de ver o teu traballo editado, Solleiro declara que “nunha editora minoritaria o trato é bo, coas grandes entras xa noutra maneira de facer as cousas”. “Realmente non penso se terá saída, escribo por darme ese gusto”.

Non obstante, para algúns creadores, como Carlos Meixide, existe unha certa ignorancia sobre autores e autoras galegas porque “os medios galegos non teñen sensibilidade cara os autores en galego”. “As preferencias son as dos autores e autoras consagradas xa en castelán”.

A edición e publicación para autores e autoras en galego está polo de agora nun momento complicado segundo os mesmos creadores. A aposta por novos xéneros, mellorar o acceso á creación e o fomento da lectura en galego sen que estea vinculada á obrigatoriedade curricular, poderían ser fórmulas atractivas a novas e novos lectores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 nthw

Pois non. A Xunta e a TVG no " patrocina" o castelán, nen una visión " rídícula" e " subalterna " do galego. Esos son prexuicios ideolóxicos que están na mente do comentarista, non na realidade. Menos panfletadiñas.

4 ModeloFrancés

No se lee en gallego porque en su registro culto peca de artificioso. Decía Fr. Antonio de Guevara, que fue obispo de Mondoñedo, que para que una lengua sea buena debe saber a pan. El gallego sabe alcanfor y plastificado de laboratorio filológico, a cerrado y sacristía. No es irrelevante que apenas tenga cultura escrita, que carezca en absoluto de ciencia o técnica, o que para el registro culto se emplee un vocabulario lusitanizante en el que los indígenas no se reconocen. Por otra parte, decía Maquiavelo que no se debe dar una guerra que no se tengan posibilidades de ganar. El español es la segunda lengua en internet, no perdió ningún tren y es absurdo que alguien deje una lengua tan potente por una regional o minoritaria que no vale prácticamente para nada ni aporta valor añadido a un currículo. Más bien puede ser un demérito. De ahí que nadie se atreva a hacer su curriculum en gallego.

1 Mugueimes

E, sendo tão importante para a ciência e a técnica, como será que o castelão (espanhol para os imperialistas) não figura no ranking das publicações científicas, por artigos e por factor de impacto (FI)? Olha: J BIOL CHEM, PROC NAT ACAD SCI, NATURE, SCIENCE, JAM CHEM SOC, PHYS REV LETT, N ENGL J MED, PHYS REV B, ASTROPHYS J, APPL PHYS LETT, ANGEW CHEN INT ED, JIMMUNOL, CIRCULATION, CANCER RES, J NEUROS SCI, BLOOD, CELL, J PHYS CHEM B, LANCET, J CLIN ONCOL. E não só editadas em USA ou em Grande Bretanha: pelo mundo mundial os cientistas lêm e publicam em inglês! Então, o seu mal é alarmante desinformação ou delírio espanholista? Ridículo precisar da fantasia para alimentar o ego nazional!

2 un indíxena de Vigo

En 2015 segundo esta entrada: https://en.wikipedia.org/wiki/Langu... O castelán era a 5ª lingua con máis entradas en internet e o portugués a 7ª. De segunda nada meu pero aínda que o fose que me demostras con iso. Os daneses van deixar de usar a súa lingua porque está de número 24? É unha deshonra para eles ou é que o castelán ten máis entradas porque ten máis falantes debido a unha carambola histórica? El gallego sabe alcanfor y plastificado de laboratorio filológico, a cerrado y sacristía. Hai que sentir moita rabia para escribir algo así, meu. un vocabulario lusitanizante en el que los indígenas no se reconocen. Indígenas, ummmm. Cres que con iso me desprezas, machote eurocéntrico? Más bien puede ser un demérito Saber linguas nunca é un demérito, amigo e non sei que pensaba Maquiavelo ao respecto.

3 Xian do Sil

La decadencia del gallego es inevitable desde que se asoció a la imposición de la Xunta, el fanatismo, la intolerancia, la subvención y la estrella roja. Un pueblo inteligente y sensato como el gallego no puede tragar con eso, que no tiene nada que ver con su ideosincrasia. Por otro lado, la calidad de los productos artísticos en gallego suele ser entre mediocre y pésima. Simples bodrios que no leen, ven ni compran ni los más convencidos, pero que sirven a muchos para vivir muy bien al calor del dinero público. Pero nada, a seguir chorando que es lo único que mejor saben hacer los vividores del gallego.

1 Esperantista

Cal é o comportamento único, deberías dicir a "idiosincrasia" (que non ideo...), propio e unitario? Somos pobo galego (que perigo, así comeza o separatismo), ou somos conunidade de veciños nun patio de luces español (seguindo a douctrina do esencialismo español que ti practicas)? Como é posible que, de xeito repetido, un pobo tan intelixente escolla tan mal (ambas cousas apúntalas ti)? Os premios Planeta, como éxito de vendas e lecturas, son de calidade (aínda acreditas nos Reis Magos de Oriente e nas farsas españolas)? Por suposto, do galego viven uns poucos, e por canto multiplicamos para chegar aos moitos que viven do castelán (cartos públicos polos que non choramos, supoño que o festexas)?

2 Xian do Sil

Pueblo gallego es una forma de hablar. En realidad en el conjunto de España no hay más sujeto jurídico que el pueblo español en su conjunto, te guste o no, y lo cierto es que el nacionalismo gallego está felizmente de capa caída. En realidad los gallegos hemos escogido históricamente bastante bien, y seguimos haciéndolo. Esta es una tierra maravillosa con sus problemas, como todos los sitios, pero que no ha sufrido grandes guerras ni convulsiones históricas en el último siglo, que en la mayor parte de España y de Europa fue brutal. La realidad, te guste o no, es que la gran mayoría de los gallegos escogemos libremente medios de comunicación en español, estén subvencionados o no. Para eso sólo tienes que ver los medios con más visitas en internet, el canal más libre de todos. Ahora ya puedes seguir con las consignas del BNG.

3 José

Ti presumes moito pero non és galego

4 Sentidiño

En Galicia están documentados 4699 asasinados e 28234 encarceramentos de inocentes desde xullo do 36 ata o ascenso ilexítimosa de Franco ao poder. A saber cántos serán os non documentados. Un século de paz, si home si.

2 Galeguiña

A realidade dunha língua minorizada é a que é. O caso da escrita e da lectura en galego ten moito de "artificial", e o mesmo pasa noutros ámbitos sociais. Se non fose pola obrigatoriedade das lecturas no ensino e pola innecesaria e tamén artificiosa lexislación que obriga ao coñecemento do galego para o acceso á función pública, (non hai galego que non entenda e fale, mellor ou peor, ámbalas dúas línguas) comprobaríase a escasa importancia desta língua na sociedade. E, como se pode comprobar xa que os datos son teimudos, esa imposición non fabrica falantes, como ben apunta Mario Regueira. O certo é que hai poucos lectores, pero a maioría dos que adican parte do seu tempo de lecer a esta actividade, optan polos escritores en español. E o da identidade, a Galiza asoballada, o neno labrego e outras lerias dos séculos de María Castaña, xa non interesan a ninguén.

1 Daniel

Tres cousas. O de que todos os galegos son quen de falar algo o galego xa non é certo. Moita rapazada non é quen de facer dúas frases seguidas con fluídez. O de que a xente que lé, lé escritores en español, tampouco é certo. Boa parte lé obras traducidas ao español (Código da Vinci, Harry Potter, Murakami e así). Finalmente, non sei cando deixou vostede de ler literatura galega, mais o da Galiza asoballada, Neira Vilas e "esas lerias" xa hai bastante tempo que non domina a produción en galego.

1 Pitito

Porque o ensino, os medios, a politica linguistica da Xunta, a TVG... patrocinan o castelán e unha vision subalterna e ridicula do galego. Cantos xornais hai en galego? Cantas radios, cantas cadeas de tv, cantas materias no ensino...?

1 galegocomatí

E logo tí Pitito, qué pretendes? Obrigar aos alumnos a estudar todo en galego aínda que a metade ou mais, teñan como língua propia o español? Impoñer ás empresas a publicar en galego? Obrigar á empresa privada a atender en galego aínda que o dono do comercio, do bar ou da oficina non queira facelo? No ensino, o decreto en vigor establece porcentaxes equilibradas para as dúas línguas oficiais, e para o inglés no caso dos centros plurilingües. O que non parece lóxico é que ningunha delas quede fora debido a intereses políticos que nada teñen que ver coa educación.