Fartas da burocracia en Galicia

A piques de entrar no 2020 a burocracia afoga a Administración autonómica e sobrancea en non poucas Administracións locais, sen que zafaran, neste senso, os gobernos locais dos alcaldes Caballero (Vigo), Ferreiro (A Coruña) nin o de Noriega (Compostela).

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 08/12/2019

Comparte esta noticia
É verdade que o podium da ineficacia e da ineficiencia  acádao por dereito propio a Administración que dirixe dende hai case once anos  o presidente Núñez Feijóo, sobranceando a Administración de fomento industrial  e empresarial, que dirixe o Conselleiro Conde.  No 2018 de 89 M€ orzamentados para investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) só demos investidos 21,9 M€ (menos do 25%).  Relátanme casos de empresarios agardando pola cancelación de avais do IGAPE sen vixencia dende hai dous anos que, porén, lles recurta capacidade de endebedamento bancario. Outros, cumprindo obxectivamente os requisitos para obter axudas suxeitas a programas estábeis,  se lles di que a achega pode demorar tamén dous anos. 
 
A Xunta dispón dunha rede de case douscentos axentes de desenvolvemento local cos que non  sabe que facer. Haberíamos ser o país europeo onde máis doado fose crear unha empresa e somos campións europeos da burocracia ineficiente mentres a poucos quilómetros Portugal amósase como referente industrial e tecnolóxico, malia os seus déficits formativos.
 
Qué dicir dos servizos sociais? Na primavera de 2018 12.000 persoas galegas agardaban polas axudas da dependencia e 17.000 pola avaliación do seu grao de discapacidade. O trámite municipal e a decisión autonómica atrasa a concesión da renda social de integración (RISGA) na cidade de Vigo unha media de 106 días, cando os seus solicitantes son persoas en situación de extrema urxencia vital, sen ningunha caste de ingresos regulares para facer fronte á súa supervivencia. Persoas en situación de total vulnerabilidade sofren trámites longos, cando as novas tecnoloxías permiten resolver a concesión de axudas sociais dando unha única vez, a medio do cruzamento de dados (logo da atinxente autorización persoal) entre as Administracións. 
 
Velaí, por certo, unha das avantaxes da renda básica universal: substitúe un conxunto de axudas e pagas de grande custo en xestión por unha renda de concesión incondicionada permitíndolle destinar os recursos materiais e persoais ocupados nestas xestións á detección temperá de toda caste de realidades ou riscos de exclusión social.
 
Precisamos dunha Administración áxil, moderna,  empática e eficiente. No 2020 o soberanismo galego habería priorizar a busca de solucións á burocracia ineficiente que sobrancea na Administración autonómica e pexa o noso crecemento económico e a nosa sostibilidade social. 
 

Bandeira de España proxectada sobre o edificio principal do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta. XUNTA
Bandeira de España proxectada sobre o edificio principal do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta. XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.