Abanca adianta con créditos brandos o cobro de axudas para investimentos sustentables no sector do mar

Por E.P. | A CORUÑA | 10/12/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Abanca acaba de lanzar, a través da súa unidade especializada Abanca Mar, unha liña de anticipos para financiar axudas públicas destinadas á mellora da sustentabilidade do sector marítimo-pesqueiro, segundo informa.

Estes préstamos brandos "permitirán anticipar o importe de subvencións autonómicas e estatais concedidas para acometer investimentos sustentables e actuacións na cadea de valor do mar que contribúan a combater o cambio climático".

Entre outras, a entidade financeira galega adiantará o cobro de axudas para a modernización enerxética de instalacións (confrarías, lonxas e portos pesqueiros); para protexer a biodiversidade mariña ou para investimentos en buques que fomenten a pesca sustentable.

Tamén figuran nesta liña de financiamento anticipos de subvencións do Programa Pleamar do Ministerio para a Transición Ecolóxica para o reforzo da sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola español.

E ldirector territorial de Abanca na Coruña,, Gerardo Fortes, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, xunto a representantes de confrarías coruñesas. ABANCA
E ldirector territorial de Abanca na Coruña,, Gerardo Fortes, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, xunto a representantes de confrarías coruñesas. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta