A Xunta renovará a colaboración coas entidades galegas en Venezuela

O secretario xeral de Emigración traslada o "compromiso permanente" da Xunta coa colectividade nos momentos de incerteza que atravesa o país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou unha nova viaxe oficial a Venezuela co obxectivo de renovar a colaboración coas entidades galegas na atención e asesoramento á poboación galega residentes no país.

Diso informou a Xunta nun comunicado no que sinala que Rodríguez Miranda trasladará o "compromiso permanente" da Xunta coa colectividade nos momentos de incerteza que atravesa o país.

"Empezamos e terminamos o ano viaxando a Venezuela, o que dá idea da preocupante situación social que atravesa o país, que nos obriga a prestar maior atención se cabe á nosa colectividade", sinalou.

Neste sentido, o titular de Emigración reunirase este xoves cos responsables e socios da Federación de Centros Españois de Venezuela (Feceve) antes de manter, ata o vindeiro domingo, diversos encontros informativos sobre as axudas para o retorno da Xunta e os apoios á mocidade.

A Secretaria Xeral de Emigración quere dar resposta ás necesidades da poboación galega de Venezuela, que está a atravesar unha situación cada día máis complexa e grave. "É, por iso, o país no que a Xunta centrou os seus principais esforzos a través de investimentos tanto para residentes como retornados, que pasarán dos 2,2 millóns en 2018 a unha previsión de 3 millóns este ano", indicou.

Centro da Hermandad Gallega en Venezuela
Centro da Hermandad Gallega en Venezuela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta