Danos en mobiliario urbano, árbores caídas e semáforos rotos tras a chegada da borrasca Bert

Galicia rexistra máis de 200 incidencias provocadas polo vento, nunha xornada na que tamén hai alerta por choiva

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2024 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O 112 Galicia rexistro este domingo un total de 213 incidencias provocadas polo vento, unha xornada na que a comunidade tamén está en alerta por choivas. Así, as principais intervencións do persoal de emerxencias estivo relacionada coa retirada de árbores caídas nas vías, cables que se desprenderon, postes, carteis e sinais de tráfico.

Todo iso derivado duns refachos de vento, de máis de 150 quilómetros por hora, que provocaron o movemento de mobiliario urbano como colectores de lixo e semáforos rotos. Concretamente, foron 68 as intervencións relacionadas coa caída de árbores e ramas, (23) de cables e postes. A continuación, sitúanse as accións para evitar riscos por obxectos que están inestables (52), mobiliario urbano desprazado (33), derrubes de parte de estruturas (10) e desprendementos de terra e pedras (6).

Por provincias, a da Coruña rexistra o maior número de intervencións (105), seguida de Pontevedra (67), Lugo (29) e Ourense (12).

RECOMENDACIÓNS

Con todo, ningún dos incidentes ocasionou danos persoais, pero afectou á circulación. Por iso, a central de emerxencias recomenda limitar os desprazamentos por estrada. Neste sentido, insiste na necesidade de extremar a precaución nos desprazamentos a pé, evitando pasar por baixo de edificios abandonados ou ruinosos e reducir as actividades ao aire libre.

Arquivo - Unha persoa protéxese da ondada nos arredores da Torre de Hércules, durante o paso da borrasca ?Ciarán?, a 3 de novembro de 2023, na Coruña, Galicia (España).  A borrasca 'Ciaran', que azouta Galicia con fortes ventos e choiva. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha persoa protéxese da ondada nos arredores da Torre de Hércules, durante o paso da borrasca ?Ciarán?, a 3 de novembro de 2023, na Coruña, Galicia (España). A borrasca 'Ciaran', que azouta Galicia con fortes ventos e choiva. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta