Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2019 | Actualizada ás 14:49
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o Grupo Plural --composto por 15 deputados de diferentes formacións, entre eles Néstor Rego (Bloque)-- "cumpre a machada os requisitos" para recibir o visto e prace da Mesa do Congreso.
"Non hai lugar a que non o poidan aprobar", manifestou este venres Ana Pontón a preguntas dos medios nunha rolda de prensa celebrada na Cámara galega. A continuación, incidiu en que a decisión de configurar un grupo "instrumental" con outras formacións fóra do mixto radica en gozar de maior operatividade na acción parlamentaria, ademais de posuir máis recursos económicos, e así "defender de mellor forma Galicia".
Junts per Catalunya (JxCat), Más País-Equo, Coalición Canaria, Nueva Canarias, Compromís, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), o Partido Regionalista de Cantabria (PRC) e Teruel Existe acordaron o pasado xoves rexistrarse como Grupo Parlamentario Plural no Congreso e así poder alixeirar o Grupo Mixto.
Ao cumprir o mínimo de 15 deputados que establece o Regulamento para a formación dun grupo parlamentario, os asinantes esperan que a Mesa do Congreso autorice a súa constitución na reunión que celebrará o vindeiro luns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.