A Deputación de Pontevedra destina 313.000 euros á adecuación de nove puntos limpos

O programa no que se enmarca o investimento está destinado a mellorar a xestión transfronteiriza dos residuos que xeran os aparellos eléctricos e electrónicos mediante tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/12/2019 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto simplificado, para a adecuación dos 9 puntos limpos do Proxecto Estraee na provincia de Pontevedra. A partida total ascende a 313.089,17 euros e divídese en nove lotes, pertencentes a cada un dos puntos limpos, situados en Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía e na Mancomunidade do Morrazo.

Os traballos de adecuación que levarán a cabo cambios para adaptarse ás necesidades concretas de cada un dos casos, aínda que os obxectivos fundamentais son mellorar o funcionamento dos puntos limpos, mellorar a iluminación, prover de novas infraestruturas para a reutilización ou dispor de sistemas de protección contra incendios e paneis indicativos. O prazo de execución das obras será de entre 1 e 3 meses e a previsión é que os traballos poidan comezar a finais de xaneiro.

Estas obras están incluídas no proxecto Estraee, en liña ao apoio á mellora da sustentabilidade e cara á transición ecolóxica que marca o goberno provincial. O programa destínase a mellorar a xestión transfronteiriza dos residuos que xeran os aparellos eléctricos e electrónicos mediante tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos.

Trátase dun proxecto que conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, o 75% pertencentes a fondos FEDER no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

A Deputación de Pontevedra adxudica a adecuación de nove puntos limpos.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra adxudica a adecuación de nove puntos limpos.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta