Sentidiño, a Palabra do Ano en Galicia

Segundo informa a RAG, a segunda clasificada foi a palabra feminicidio e a terceira, narcosubmarino.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2019 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Sentidiño foi escollida Palabra do Ano 2019 en Galicia, tal e como o determinou a votación virtual pública promovida polo "Portal das Palabras", a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié.

A Palabra do Ano é 'sentidiño'
A Palabra do Ano é 'sentidiño' | Fonte: Portal das Palabras

Segundo informa a RAG, a segunda clasificada foi a palabra feminicidio e a terceira, narcosubmarino; mentres que as seguiron, por esta orde, quecemento global, ecocidio e negación, os outros termos que quedaran finalistas.

Sentidiño, unha das formas de denominar o sentido común, acaparou o 51 % dos votos emitidos; feminicidio o 20 %; narcosubmarino o 15 %; quecemento global un 8 %; ecocidio un 5 % e negación un 1 %.

A palabra gañadora deriva de sentido, que se orixina á súa vez da sustantivación do participio pasado do verbo sentir e a acepción do termo gañador refírese á capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta".

O aspecto "interesante", destaca a RAG, é o papel do sufixo derivativo "iño", que neste caso non outorga á nova palabra o matiz habitual de máis pequeno, senón o de "calidade de sensato", expresando con frecuencia tamén certa complicidade coa persoa coa que se fala. EFE 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Isolacionismo mata

Sentidiño não tem sentido nem com NH

1 Gamela

Quixera felicitar ao noso contertulio Sentidiño e ogallá o novo ano 2020 veña cargado dese espíritu de sensatez e coidado que todos precisamos ! Noraboa!

1 Sentidiño

O mesmo desexo eu a Gamela, e deséxovos a todas. Ogallá merecese eu o nome que utilizo. Saúde.