Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 14:07
Coa investidura a Pedro Sánchez, moitos partidos de dereitas e ultradereita tentan facer uso de 'fake news', é dicir, de mentiras que reforcen as súas ideas e prexuizos.; unha estratexia política que se fai a través das redes sociais ou nos medios, tentando que se reproduzan argumentos falsos.
Onte foi o caso de Rosa Gallego, secretaria xeral do PPdeG na Coruña. Publicou un twit onde pon: "Teruel existe e fala claro" acompañado dun vídeo dunha masiva manifestación con bandeiras de España. O caso, é que o vídeo non é nin en Teruel, nin de onte, senón que é a rúa Goya en Madrid nunha manifestación españolista en contra da independencia de Catalunya.
Teruel existe y habla alto y claro #SanchezTraidor pic.twitter.com/lVNdmFq4cg
— Rosa Gallego (@rgallego6) January 5, 2020
Ademais, quen foi tamén funcionaria da Xunta, tentou salvar o que os usuarios das redes tildaron de "ridículo". Noutro chío tras a resposta dun usuario, di que ela lle pide aos turolenses que fagan o mesmo, e engade unha nova onde se fala de que centos de persoas pediron en Zaragoza piden a dimisión de Sánchez. A concentración de Zaragoza, foi organizada polo Movimiento Aragonés Social (MAS), un partido falanxista e cun pasado terrorista.
Pues aún me van a escuchar. Esto será Zaragoza?https://t.co/nCkDBZZOr6
— Rosa Gallego (@rgallego6) January 6, 2020
O chío tivo unha grande interacción na rede social, chegando ás 2.447 respostas. Os usuarios e usuarias ironizaron co tweet da 'popular', poñendo imaxes das grandes multitudes no funeral do xeneral Souleimani en Irán, dicíndolle a Gallego que é en Teruel.
En este video se ve mejor, Rosa. Teruel entero!!
— juan carlos mohr (@juancarlosmohr) January 6, 2020
Difunde!! pic.twitter.com/JnS1ZrhT88
Con todo, sí houbo concentración en Teruel en contra de Sánchez, mais con moita menos afluencia, xa que había, literalmente, 3 persoas.
OS MEDIOS DE DEREITAS TENTAN DESACREDITAR TERUEL EXISTE
O diario El Mundo uniuse tamén aos grupos de presión que destapan as súas ideas de ir en contra da investidura a Pedro Sánchez. Así, publicaron unha nova onde vinculan o deputado electo de Teruel Existe -José Guitarte- co recibimento de medio millón de euros "a cargo das arcas do goberno de Aragón e das cortes valencianas, ambos liderados polo PSOE" á súa empresa, Arquilab S.L.
Aínda que as acusacións son certas, os contratos dos que fala o diario español son de 2018. Daquela o partido aragonés tiña as súas contas transparentes e nin sequera se presentaba ás eleccións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.