Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2020 | Actualizada ás 13:42
A Xunta prevé crear na futura lei de recuperación de terras un instrumento, chamado Banco de Explotacións, para pór en contacto aos titulares de granxas que abandonen a actividade con interesados na súa incorporación ao agro. Este mércores, o conselleiro de Medio Rural, José González, deu a coñecer as posibilidades desta futura norma nun encontro en Coles (Ourense) con representantes da Federación de Razas Autóctonas de Galicia e da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel).
Alí, explicou que o obxectivo do Banco de Explotacións é garantir a actividade no campo e loitar contra o abandono, á vez que se fomenta o recambio xeracional nas terras galegas. Xunto a isto, avogarase por mecanismos de mobilización voluntarios como os polígonos agroforestais.
Así mesmo, o conselleiro destacou a aposta pola recuperación e conservación de razas autóctonas, cun apoio dun tres millóns de euros ata 2022.
No caso da Federación de Razas Autóctonas, a achega de Medio Rural ascende a 1,2 millóns de euros para o desenvolvemento de razas e os seus produtos derivados. Para Asporcel van 480.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.