O Hospital de Verín deriva outro parto a Ourense mentres segue buscando pediatras

Fontes da xerencia sanitaria ourensá sinalaron que proseguen as xestións para contratar pediatras co fin de recuperar este servizo e poder reabrir o paridoiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O Hospital de Verín derivou de novo este fin de semana ao de Ourense unha embarazada a dar a luz, mentres segue o proceso para cubrir as dúas prazas de pediatra vacantes co fin de reabrir o paridoiro e o servizo de urxencias pediátricas no comarcal.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da xerencia sanitaria ourensá, que explicaron que esta actuación entra dentro do "normal" mentres non haxa pediatras no Hospital comarcal de Verín.

En concreto, indicaron que a muller que chegou co embarazo a termo o sábado foi derivada a Ourense para dar a luz, mentres que outra embarazada que acudiu a unha exploración decidiu ir ao centro de Vigo onde lle fixeron seguimento do embarazo. Por iso, a xerencia sanitaria de Ourense insiste en que se trata dunha "situación normal" mentres non haxa servizo de pediatría no Hospital de Verín.

Respecto diso, as mesmas fontes sinalaron que proseguen as xestións para contratar pediatras para o Hospital de Verín co fin de recuperar este servizo e poder reabrir o paridoiro, co obxectivo de logralo "canto antes".

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta