Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2020 | Actualizada ás 14:16
A exconselleira e deputada do Grupo Parlamentario Popular Beatriz Mato formalizou este martes, na primeira reunión que celebrou a Mesa do Parlamento galego tras as vacacións do Nadal, a súa renuncia ao escano.
O seu lugar no Grupo Popular será ocupado pola seguinte candidata na lista coa que o PPdeG concorreu pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2016: Ana Belén García Vidal.
Natural de Bergondo e residente en Noia, García Vidal é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e foi concelleira no Concello de Noia entre os anos 2015 e 2019.
Mato anunciou o pasado mes de decembro a súa intención de deixar a política por motivos persoais. O paso atrás prodúcese poucos meses despois de que a dirixente popular concorrese como candidata á Alcaldía da Coruña nas eleccións municipais, nas que o PP non obtivo o número necesario de edís para poder conformar goberno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.