Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 18:00
O grupo municipal do BNG de Santiago proporá no pleno deste mes a recuperación de diferentes pezas de patrimonio compostelán que se atopan depositadas no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.
En concreto, trátase de esculturas do Coro do Mestre Mateo da Catedral de Santiago, do Mosteiro de San Paio de Antealtares e do Convento de Santa Clara, así como outras pezas de "gran valor patrimonial para Galicia".
As primeiras son estatuas de Santiago Menor (que formou parte do coro da basílica) e outra de San Bartolomeu, ademais de dúas columnas do conxunto escultórico de San Paio do século XII, entre outras.
Así o trasladou a portavoz do grupo municipal, Goretti Sanmartín, na que explicou que esta demanda parte dun movemento que reclama que pezas usurpadas tempo atrás regresen e se exhiban nos seus lugares de orixe.
Para iso, sinalou, fará falta "vontade política", posto que a vía natural para conseguir este obxectivo estará en mans dunha institución do Estado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.