Feijóo, sobre a censura parental: "A maioría dos galegos non sabemos o que é nin temos moito interese"

O presidente da Xunta elude valorar a idea da ultradereita de aplican o chamado 'pin parental' no sistema educativo de Murcia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

"Eu creo que a maioría dos galegos non sabemos o que é nin temos moito interese", así se pronunciou o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, este martes a preguntas sobre a súa opinión pola polémica do 'pin parental'.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

"Temos un sistema educativo moi claro, moi concreto, e ímolo a seguir aplicando", dixo Feijóo acerca da situación de Galicia. "As nosas regras en materia de actividades complementarias están reguladas desde 1997, século pasado, foron reguladas polo Goberno Fraga, mantívoas o Goberno bipartito, seguímolas mantendo nós", asegurou.

Así, asegurou "respectar as competencias das comunidades autónomas". "Non me gustaría prexulgar nin xulgar sobre o que fan outras comunidades", agrega.

"En Galicia interésanos a calidade educativa, que os pais manteñan a súa patria potestade e os seus dereitos sobre a educación dos fillos e que os docentes e os colexios apliquen as competencias que lles corresponden de acordo coa lexislación na comunidade", proseguiu.

Nesta liña, Feijóo remarca que en Galicia se aposta polo "respecto á liberdade dos pais" e o "respecto á administración docente". "E vainos ben", garante, xa que os cocientes de calidade "están por enriba da media" de España e da UE.

"O que non me parece en ningún caso aceptable é entrar no xogo do Goberno central pactando con Bildu en Navarra e á vez falando do 'pin parental", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta