A veciñanza de Touro fala da mina (II): "Se Feijóo deixa que se reabra será para fodernos; queren destruír Galicia enteira"

Manuela Rendo, veciña de Touro, explica o seu rexeitamento á actividade mineira na zona nunha serie de entrevistas feitas polo Sindicato Labrego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/01/2020 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Sindicato Labrego Galego, en colaboración coa Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, iniciou unha serie de vídeoentrevistas nas que veciños e veciñas de Touro falan "sen mordazas" sobre como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial de Cobre San Rafael e Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN), e da "ameaza que se lles vén enriba" co proxecto de Atalaya Mining.

Manuela Rendo, veciña de Touro
Manuela Rendo, veciña de Touro | Fonte: Sindicato Labrego.

Nesta segunda achega, Manuela Rendo explica como renunciaron aos seus postos de traballo en Euskadi, onde ela emigrara, para retornar á aldea natal. Foi por causas de saúde, xa que Manuela padece dende nova da respiración e non podía vivir nun ambiente contaminado como o de Bilbao. Ao pouco de chegar a Galicia, Riotinto cesaba a súa actividade mineira en Touro e viviron ben até que coñeceron o novo proxecto de extracción de cobre. Agora, Manuela teme que todo aquilo polo que loitaron durante anos lles sexa arrebatado pola especulación ao redor do cobre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

A seguir votando PPSOE