Por Galicia Confidencial | LUGO | 25/01/2020 | Actualizada ás 22:26
Benedicta Sánchez gañou o Premio Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación polo seu papel no filme 'O que arde'.
Esta corguesa de 84 anos subiu a recoller o primeiro galardón que se entregaba esta noite. No escenario, agradeceu o recoñecemento e dedicoulle o premio á súa filla, que foi quen a levou ao casting en Navia de Suarna, e á súa "terra chica, Galicia meiga". Cunhas palabras en galego, deixou claro o orgullosa que se sente das súas raíces.
Ademais, Benedicta Sánchez pronunciou unhas palabras de agarimo hacia Oliver Laxe, director do filme, e todo o seu equipo. "Ningunha princesa recibiu trato tan marabilloso coma min", resaltou.
Na categoría de Mellor Actriz Revelación tamén estaban nomeadas Carmen Arrufat ('La inocencia'), Ainhoa Santamaría ('Mientras dure la guerra) e Pilar Gómez ('Adiós').
MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
'O que arde' tamén conseguiu o Premio Goya á Mellor Dirección de Fotografía, traballo desenvolvido polo catalán Mauro Herce.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.