O pianista James Rhodes volve usar o galego, desta vez para enxalzar a Benedicta Sánchez polo seu Goya

Non é a primeira vez que o artista, de orixe británica, usa a lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2020 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

"Isto é tan bonito. Escribe un libro nos 60. Actúa aos 80. Aprende o piano aos 45 anos. Quen sabe que vida nos traerá...". Esta foi a mensaxe, en galego, que publicou en Twitter o pianista británico James Rhodes, logo de coñecerse o Goya á mellor actriz revelación, que recolleu a galega Benedicta Sánchez, unha novel inexperta que abraiou polo seu papel no filme 'O que arde', de Oliver Laxe.

James Rhodes.
James Rhodes.

Rhodes compartiu a nova desde a súa conta en Twitter e recibiu o aplauso e felicitacións de moitos pola súa mensaxe e por usar a lingua galega.

Esta non é a primeira vez que o célebre pianista de orixe británica, residente en España, usa o galego e defende o seu uso. O 6 de xullo de 2018 publicou o seu primeiro chío na lingua propia de Galicia. Naquel, dicía: "Este é o meu primeiro tuit en galego. Espero que non sexa un desastre. Encántame estar aquí e quería dicilo. Especialmente a comida Que teñades un fermoso día".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta