Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2020 | Actualizada ás 17:29
A irmá de John Lennon, Julia Baird, presenta este venres na Coruña 'Imaxine this', o libro no que conta a "realidade" da súa familia e no que rende homenaxe á súa nai.
No mesmo acto, tamén levará a cabo a presentación oficial do videoclip do Camiño Inglés protagonizado por Baird e pola cantante e autora da canción 'O teu camiñar', Carolina Rubirosa. Ambas estarán acompañadas por Javier Gurruchaga.
O tres foron recibidos este venres en María Pita pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, quen cualificou de "emocionante" o vídeo promocional do Camiño Inglés.
"É un libro sobre as súas aventuras e desventuras familiares, onde reivindican o papel da súa nai e fala de John, e aclara aspectos que ás veces os medios tergiversan", explicou Gurruchaga en relación ao exemplar que, tras ser presentado en Madrid, chega á cidade herculina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.