Foro Económico advirte dunha "leve desaceleración" da economía galega no mes de novembro

O sector automobilístico segue tirando da balanza comercial, mentres que cae o transporte marítimo de mercadorías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2020 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Coxuntura Económica cifra no 2,2% o crecemento interanual da economía galega en novembro de 2019, o que implica un descenso de dúas décimas con respecto ao mes anterior.

Segundo este índice elaborado con 15 variables que inclúen cifras de emprego, facturación, comercio internacional, industria e sector servizos, a economía da Comunidade mostra no último trimestre --a falta dos datos de decembro-- "unha desaceleración no seu ritmo de crecemento, como xa ocorrera a mediados de ano" e como tamén ocorre no ámbito estatal.

Neste contexto, Foro Económico lembra que o pasado mes o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou a contabilidade rexional, que sinalaba un aumento do PIB galego no terceiro trimestre en termos interanuais do 1,7%, igual que no segundo trimestre.

Así mesmo, a variable recollida no Indicador Abanca que experimentou nos últimos doce meses un maior crecemento é a produción de vehículos turismo. Ademais, destacou o bo comportamento do sector exterior, especialmente as importacións de bens e servizos.

No lado oposto, o transporte marítimo de mercadorías é a variable que reflectiu unha maior caída no último ano, igual que o foi no informe do mes de outubro.

Fábrica da galega Cortizo, de fabricación de perfís de aluminio. REMITIDO - Arquivo
Fábrica da galega Cortizo, de fabricación de perfís de aluminio. REMITIDO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta