Dignificarmos as penas

A democracia liberal é un réxime de Dereito garantista que prefire, no mal paso de ter que escoller, a impunidade dos culpábeis ao castigo dos inocentes.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 03/02/2020

Comparte esta noticia
A democracia liberal entendida ao xeito dos sistemas xurídicos da Europa refuga da pena de morte e da prisión perpetua . E considera que a pena, nomeadamente a da máis extrema restrición de liberdades-a prisión- ha cumprir, canda evidentes finalidades preventivas (tanto a respecto do penado canto a respecto da sociedade en xeral)  unhas fins basicamente reinsertadoras e resocializadoras. 
 
Todo isto está nos artigos 24 e 25 da Constitución. Neste contexto, Estados europeos con problemas complexos de convivencia e níveis de criminalidade moito máis altos ca os do Estado Español-como os Países Baixos- encetaron un cobizoso programa de redución das estadías no cárcere, considerando que a aplicación xeralizada das condenas de privación de liberdade non axudan nin á reinserción dos delincuentes nin á prevención dos crimes.
 
Mais existe unha falsa cosmovisión que denuncia unha suposta lenidade do sistema penitenciario  español, sendo como é un  dos máis rigorosos da UE, malia ser dos espazos europeos con menos delictos graves. Existe unha liña interpretativa na Fiscalía, algúns Xulgados de Vixiancia Penitenciaria e Audiencias que resolven as súas decisións en apelación,- que nega o dereito dos penados a desfrutar de permisos malia cumprir boa conduta (na estreitísima consideración deste concepto para a Administración Penitenciaria) e 1/4 da pena. Tamén aquí, na Galicia. Mesmo en casos nos que a Equipa de Tratamento Penitenciario do Centro propón o permiso por unanimidade.
 
O réxime penitenciario español é, tamén, rigorosísimo na progresión ao terceiro grao (semiliberdade) e ao coarto grao ou  liberdade condicional (como mínimo  ¾ de pena cumprida). E adoita  descoñecer o dereito dos penados a cumprir cadansúas penas perto da súa contorna familiar e afectiva. Porque a pena ha restrinxir a liberdade de movementos, nunca os outros dereitos fundamentais dos penados. E moito menos os dereitos das súas familias, parellas e amizades.
 
A vulneración das persoas presas é xeralizada. Quer a medio do espallamento e illamento fóra de Galicia  de penados e preventivos galegos, situacións  de illamento que empeoran  o réxime pechado en primeiro grao, e  limitación dos coidados sanitarios, quer a medio da restrición dos permisos e progresións de grao que aconsellan as regras da reinserción e do tratamento penitenciario.
 
Na nosa democracia non se pode pechar unha persoa e guindar a chave ao pozo.  

Sentenza do Tribunal Supremo
Sentenza do Tribunal Supremo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.