Oh, Canadá!... Un profesor galego no país da folla do pradairo

Diego Rojo Garrido, profesor de EF nun dos institutos de Ames, o IES de Ames, e deportista de alto nivel, relatará ao longo dunha serie de reportaxes as súas vivencias como participante do programa PIALE en Canadá.

Por Galicia Confidencial | Otawa, Canadá | 06/02/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Nalgunhas ocasións, moitas mais das que sabemos valorar, os docentes temos a posibilidade de vivir fermosos agasallos, ben sexa dentro do traballo diario na aula, ben sexa a través de experiencias como a de viaxar ao segundo país mais extenso do mundo, Canadá, grazas ao PIALE, o Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Extranxeiras promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para o profesorado bilingüe. 

Profesores participantes no programa Piale, de intercambio con Canadá
Profesores participantes no programa Piale, de intercambio con Canadá | Fonte: D.R.

No mes de novembro do 2020 tiven a posibilidade de pasar alí, xunto con outros 40 colegas de profesión, catro semanas en réxime de inmersión, despois de superar unha fase de concurso de méritos e a presentación dunha proposta de difusión, da cal este artigo é parte.

Partimos cara o outro lado do atlántico, con múltiples obxectivos. O primeiro, a mellora da nosa competencia comunicativa en inglés.. Para conseguilo o PIALE supón unha inmersión familiar e laboral total, xa que nin na familia de acollida, nin no centro educativo debe haber alguén mais que poda comunicarse connosco noutro idioma que non sexa o inglés. O segundo, a descuberta dun dos mellores sistemas educativos do mundo, segundo a clasificación do informe PISA, un estudo levado a cabo pola OCDE a nivel mundial que mide o rendimento académico en matemáticas, ciencias e habilidade lectora. A súa finalidade é proporcionar datos comparables que posibiliten aos países mellorar as súas políticas de educación e  os seus resultados, xa que nesta análise no se avalía ao alumnado, senón ao sistema no que está sendo educado. No informe de 2018 Canadá ocupou o lugar número 8 do mundo en ciencias, 6 en habilidade lectora e 12 en matemáticas. Debemos destacar que normalmente os países con moitos inmigrantes ou minorías sociais tenden a ter peores resultados, o cal resulta chamativo nun país cuns 37 millons de habitantes dos que case 8 son inmigrantes, o que supón mais do 20% do total, ademais de estar históricamente constituida por un conglomerado racial formado polas tribus indias das “First Nations”, os inuit do norte, os mestizos e os europeos, de diversa orixe.

Os principais obxectivos nos que se centra o sistema educativo canadiense podemos centralos en catro: a mellora da fluidez dixital, unha oferta académica diversa e flexible, a mellora da capacidade efectiva de comunicarse e o fomento do pensamento crítico. As bases do seu éxito son múltiples e poderiamos citar varias: a adaptación a cada un dos estados (cada un ten o seu sistema educativo propio), o respeto absoluto ao bilingüismo, a atención personalizada ao alunado inmigrante, a importancia da educación emocional e o trato cercano profesor-alumno, o enfoque cara o ámbito laboral dos centros de secundaria, a avaliación continua... Ademais de todo anterior, hai que destacar que a inversión en educación comparada con España é o triple en relación ao PIB, e esto puidemos comprobalo in situ, dada a dotación material e as infraestructuras que moitos dos centros ofrecían. 

Canadá é un país rico en recursos, orgulloso do seu e da súa plural identidade cultural e lingüística,  e o seu sistema educativo é un claro reflexo delo. O Estado encárgase de adicar os recursos económicos e humanos para que funcione.

Benvida aos profesores que participan no programa de intercambio en Canadá
Benvida aos profesores que participan no programa de intercambio en Canadá | Fonte: D.R.

En vindeiras entregas seguiremos afondando en todos estes temas e en ofrecer unha visión xeral sobre a sociedade canadiense.

Diego rojo co gorro Puppi de Canadá
Diego rojo co gorro Puppi de Canadá | Fonte: D.R.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O pradairo é o " Acer Pseudoplatanus", o o arce da bandeira de Canadá é o " Acer Platanoides" . Son especies diferentes, e a segunda non existe en Galicia.