Reaccións nas redes ante a retirada política de Luis Villares

O portavoz de En Marea volve ao seu antigo posto no TSXG e a súa decisión tivo diferentes opinións por parte dos usuarios de Twitter.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O líder de En Marea anunciou este mércores 19 que abandonaba a política institucional. O lucense, cargou contra os mandatarios de Podemos, EU e Anova, xa que "antepoñen os seus intereses aos da cidadanía".

Luis Villares
Luis Villares | Fonte: E.P.

Esta decisión tomouna a moi pouco da presentación das candidaturas e sen saber aínda se En Marea vaise a presentar ás eleccións do 5 de abril. Recuperará o seu antigo posto no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Con todo, tivo diversas reaccións dos usuarios da rede social Twitter.

Así, houbo quen se lamentou da súa decisión. A profesora de dereito da USC, Alba Nogueira, manifestou na súa conta persoal o descontento coa política institucional, xa que o sucedido "mostra que a política é cada vez máis un espazo reservado a profesionais dela". Houbo tamén quen o consideraba "o candidato ideal para presidir a Xunta de Galicia".

Por outra banda, outros ousuarios "víanno vir" tras os seus resultados das eleccións xerais, onde non chegaron aos 20.000 votos en Galicia. Outros, sinálano coma o rompedor da esquerda galega.

Por último, tamén estivo quen criticou o comportamento que sempre recibiu por parte dos seus ex compañeiros de En Marea, agora en Galicia en Común. "Portáronse con el coma ratas" sinala o xornalista e escritor David Rodríguez na súa conta persoal.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta