A Xunta convoca axudas por valor de 2,7 millóns de euros para realizar melloras nas pemes galegas

Deste xeito, búscase mellorar a competitividade das pemes e incrementar o mercado ao que se dirixen mediante a introdución de produtos e servizos, así como potenciar o investimento privado I+D en Galicia. Tamén se aspira a fomentar a transferencia de tecnoloxía e a apoiar a innovación aberta e colaborativa.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/02/2020 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a convocatoria das axudas Innova Peme 2020, no marco da que se destinarán 2,7 millóns de euros a apoiar a sistematización, a potenciación e o desenvolvemento da actividade innovadora de pequenas e medianas empresas (pemes).

Así o trasladou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante unha visita en Vigo á empresa de asistencia a persoas maiores en residencias O Lecer Sénior Care, beneficiaria da convocatoria de 2019, segundo recolleu nun comunicado a Consellería de Economía, Emprego e Industria nun comunicado.

Deste xeito, búscase mellorar a competitividade das pemes e incrementar o mercado ao que se dirixen mediante a introdución de produtos e servizos, así como potenciar o investimento privado I+D en Galicia. Tamén se aspira a fomentar a transferencia de tecnoloxía e a apoiar a innovación aberta e colaborativa.

En concreto, o programa InnovaPeme 2020, cofinanciado por Fondos Feder, apoiará un 50% do orzamento subvencionable das actuacións. Poderá oscilar entre 80.000 e 200.000 euros. As empresas poderán solicitar estas axudas ata o próximo 20 de abril ás 13:00 horas.

Os criterios de valoración para determinar os beneficiarios darán prioridade ás microempresas e ás compañías que non recibisen axudas para o I+D+i durante o tres últimos 3 anos. Ademais, só se valorarán os contratos a tempo completo cuxas retribucións correspondan ao grupo de cotización da titulación do empregado.

Nesta edición, incluíronse cláusulas sociais, como a aposta pola innovación responsable e o compromiso social, e obrigacións relacionadas coa formación e a subministración de información na convocatoria.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante a visita realizada. XUNTA
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, durante a visita realizada. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta